A Pontevedrada 2022 pecha o seu período de inscrición con 1.218 participantes
Por Redacción
Un total de 1.218 persoas inscribíronse para participar na Pontevedrada 2022, a camiñada solidaria entre Pontevedra e Santiago pola doazón de sangue, órganos e tecidos.
A edición deste ano celebrarase o vindeiro sábado 23 de abril, con saída ás oito da tarde desde a Alameda de Pontevedra.
Esta cita solidaria, organizada pola Asociación Amigos da Pontevedrada (ASAMPO), regresa ao calendario tras dous anos sen celebrarse como consecuencia da pandemia.
A recollida de dorsais para a Pontevedrada, que inclúe unha gravación do nome de cada participante nun colgante de madeira de avellano, poderase realizar na Casa Azul.
O horario para recoller estes distintivos será de 19:00 a 21:00 horas.
A Pontevedrada ten un percorrido de 67 quilómetros ao longo do Camiño Portugués entre Pontevedra e Santiago e inclúe catro paradas que non serán obrigatorias en San Amaro (Barro), Caldas de Reis, Valga e Padrón.