Moraña incorpora dez traballadores durante seis meses para mantemento dos servizos municipais
Por Redacción
O alcalde de Moraña, José Cela, recibiu este martes aos dez novos traballadores que durante seis meses se unirán ao Concello de Moraña a xornada completa para levar a cabo distintos traballos de mantemento.
A contratación destas persoas fíxose con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra e como requisito indispensable estaba que os posibles contratados estivesen dados de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Son dous conductores de camión, un albanel, cinco peóns forestais, un transportista e un monitor de servizos á comunidade.
Cela afirma que desde o Concello "somos moi conscientes das necesidades laborais que hai actualmente na sociedade e nós, como administración, temos que ser proactivos e procurar crear opcións de empregabilidade, postos de traballo aínda que sexan durante un tempo acotado, no que as persoas poidan gañar experiencia e mellorar o seu perfil profesional".
No caso dos dez traballadores que se incorporaron hoxe, estarán seis meses contratados a xornada completa.
O Concello tamén ten aberto o proceso de selección para candidatos á libre oposición dunha praza de administrativo.
"Despois de moitos anos, puidemos ampliar unha praza nova e xerar así un posto de traballo máis, que tamén redundará nunha xestión máis óptima a nivel municipal", rematou Cela.