Moraña formalizará dez novos contratos para reforzar os seus servizos municipais
Por Redacción
A través de diversas axudas e subvencións, o Concello de Moraña incorporará a dez novos traballadores para reforzar diversos servizos municipais, dando oportunidade a persoas desempregadas e a aquelas que inician a súa traxectoria laboral.
Con cargo a un convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, Moraña recibirá 30.000 euros para afrontar a contratación durante tres meses dunha brigada para extinción e prevención de incendios, composta por un capataz, tres peóns forestais e un peón condutor.
O proceso de selección leva a cabo polo propio Concello, en colaboración coa Oficina de Emprego de Cuntis, segundo informa o goberno municipal.
No que respecta ao ámbito forestal, tamén se contratarán dous peóns forestais e un técnico forestal, que traballarán a xornada completa durante nove meses no noso municipio.
Custará uns 42.000 euros, que achegará a Xunta a través dunha axuda concedida para o fomento do emprego no medio rural.
A partir do 1 de xullo, por último, con cargo ao programa "A miña primeira experiencia laboral" da Deputación de Pontevedra, comezará traballar no Concello unha persoa dedicada á asistencia a dirección de obra e outra a edificación e obra civil.
Ambas terán contrato por un ano, supoñendo un investimento total de 24.600 euros.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de saneamento e pavimentación na Laxe, en Moraña
Por Redacción |
-
O programa de emprego de Cuntis terá nova edición despois de lograr traballo ao 42% dos participantes
Por Redacción |
-
Moraña incorpora dez traballadores durante seis meses para mantemento dos servizos municipais
Por Redacción |