Marín volve saír á rúa para esixir que cesen os recortes na atención sanitaria da vila
Por Redacción
Cunha multitudinaria manifestación, a veciñanza de Marín protestou na rúa contra os recortes na atención sanitaria da vila, especialmente nos centros de saúde de Marín e de Seixo.
Unhas tres mil persoas, segundo os organizadores, participaron nesta mobilización que esixiu que cesen os recortes e que a Xunta cubra todas as prazas nos centros de saúde.
A marcha arrancou pasadas as 12:20 da mañá encabezada por unha pancarta na que se podía ler "Coa nosa saúde non se xoga! contra os recortes e a privatización da sanidade pública".
Os manifestantes baixaron pola rúa Jaime Janer ata a Alameda, mais tivo que mudar o percorrido inicial para proseguir pola rúa Méndez Núñez ata o lateral do concello, acompañada de berros como "sanidade, pública e de calidade" ou "Feijóo escoita Marín está en loita".
Alí fíxose lembranza dos mariñeiros do Villa de Pitanxo e as súas familias e leuse un manifesto no que se pediu a cobertura urxente de todas as prazas do centro de Saúde de Marín, nomeadamente medicina de familia, pediatría, radioloxía e fisioterapia.
Ademais, solicitaron un segundo médico a tempo completo para Seixo e un segundo médico nas urxencias do PAC de Marín, "cos que prestar unha axeitada atención á veciñanza".
Relacionadas:
-
Presentan por rexistro no Parlamento Galego un paquete de medidas para "salvar a atención Primaria"
Por Redacción |
-
Reclaman durante a celebración do 50 aniversario do colexio de Seixo un "segundo médico a tempo completo xa"
Por Redacción |
-
Advirten de que o consultorio de Vilalonga seguirá sin o personal facultativo habitual
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG esixe ao Goberno que continúe a busca dos mariñeiros do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
Denuncian falta de persoal de pediatría e medicina de familia no centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
Denuncian que a falta de médicos no PAC de Marín obrigou a derivar pacientes a Bueu e Pontevedra
Por Redacción |