Denuncian falta de persoal de pediatría e medicina de familia no centro de saúde de Marín
Por Redacción
A falta de persoal no Centro de Saúde de Marín segue á orde do día. A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo volveu denunciar esta semana "a falta de persoal médico para atender as urxencias no Pac de Marín e tamén os problemas en pediatría e medicina de familia".
A Plataforma, que agrupa a 20 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, lembra que levan "meses" alertando dos recortes no PAC e de que "a Xunta está a deixar só un equipo médico nun concello con máis de 25.000 habitantes e cun porto de interese xeral do estado".
Deste xeito, denuncian que este venres 18 pola tarde "volveron quedar desatendidas as persoas que precisaban de atención urxente, porque a médica tivo que saír na ambulancia para atender urxencias domiciliarias, o que supuxo un risco para as persoas que agardaban no PAC de Marín".
Engaden, ademais, que varias destas persoas se puxeron en contacto coa Plataforma para denuncialo e insisten en que "a política de recortes da Xunta eliminou o segundo médico e por iso temos situacións de risco coma esta. Cando pase unha desgraza, despois virán as lamentacións".
Xa no nadal non había médico nas urxencias de Marín e convidaban aos pacientes que precisaban de atención urxente a acudir ao PAC de Bueu e a Parda en Pontevedra, polo que denuncian que esta situación "vólvese máis grave aínda se lle sumamos os recortes na atención primaria do noso concello" xa que "no Centro de Saúde de Marín non pasan consulta os 14 facultativos e, en Seixo, segue sen estar cuberta a tempo completo a xubilación do segundo facultativo".
A todos estes problemas suman os recortes no servizo de pediatría ao haber este xoves "tan só un pediatra de catro que lle corresponden a un concello coa poboación de Marín".
Dende a Plataforma apuntan "á xerencia de Pontevedra e á Xunta" porque "a súa política de non contratar leva ao deterioro da atención sanitaria e acabámolo sufrindo a veciñanza e o persoal que traballa nesas condicións".
Nese sentido fan "un chamamento a veciñanza de todo o concello de Marín, tanto das parroquias como do casco urbano" para que acudan á manifestación o 27 de marzo, con saída ás 12 do Centro de Saúde de Marín "en defensa dunha atención primaria digna e contra os recortes nas urxencias e nos Centros de Saúde de Seixo e Marín" porque "a presión e a unión da xente é a única maneira de parar o desmantelamento da sanidade pública".
Relacionadas:
-
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo celebra un ano de loita veciñal
Por Redacción |
-
Alertan de que o "colapso" de atención primaria afecta a Montecelo, que vive un "caos"
Por Redacción |
-
Alertan de que 4.000 veciños de Marín quedarán sen médico de tarde este verán
Por Redacción |
-
Presentan por rexistro no Parlamento Galego un paquete de medidas para "salvar a atención Primaria"
Por Redacción |
-
Reclaman durante a celebración do 50 aniversario do colexio de Seixo un "segundo médico a tempo completo xa"
Por Redacción |
-
Trece centros de saúde da área reforzaranse con 21 das 106 prazas de médico de Atención Primaria que convoca a Xunta
Por Redacción |
-
Advirten de que o consultorio de Vilalonga seguirá sin o personal facultativo habitual
Por Oskar Viéitez |
-
Marín volve saír á rúa para esixir que cesen os recortes na atención sanitaria da vila
Por Redacción |
-
Denuncian que a falta de médicos no PAC de Marín obrigou a derivar pacientes a Bueu e Pontevedra
Por Redacción |
-
Instalan pancartas para pedir o segundo médico a tempo completo no Centro de Saúde de Seixo
Por Redacción |
-
Ampla presenza de poboación de Pontevedra-O Salnés na marcha en defensa da Atención Primaria en Santiago
Por Redacción |
-
Cadea humana polas rúas de Seixo para defender o Centro de Saúde "dos recortes da Xunta"
Por Redacción |