Tráfico confisca un vehículo por reiteración de delitos contra a seguridade viaria do seu propietario
Por Oskar Viéitez
O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, realizou un requirimento dun Xulgado de Pontevedra, para o comiso definitivo dun vehículo, motivado por reiterados delitos contra a seguridade viaria cometidos polo titular do mesmo.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, tras a realización de diversas xestións, os axentes localizaron ao vehículo en Caldas de Reis e conducido por un amigo do titular, xa que segundo o condutor do mesmo, este prestárallo.
Ao solicitarlle a documentación a esta persoa, actual condutor, un veciño de Portas, de 25 anos, resultou que sobre o mesmo pesaba unha requisitoria por un xulgado de Pontevedra, con motivo dun delito de roubo con violencia e intimidación, polo que se procedeu á súa detención e posta ao dispor do Xulgado de Garda dos de Caldas de Reis, cuxa titular ditou un auto de ingreso en prisión, sendo trasladado posteriormente ao Centro Penal da Lama.
O vehículo foi trasladado a un centro autorizado de tratamento de vehículos ao final da súa vida útil, ao obxecto de proceder á destrución do mesmo.
Relacionadas:
-
Cae unha ladroa de coches tras retirar 1.500 euros dun caixero de Vilagarcía cun DNI roubado
Por Redacción |
-
A Garda Civil intercepta unha furgoneta de transporte escolar conducida por un taxista que deu positivo en drogas
Por Redacción |
-
Cae un motorista a causa dun animal que interceptou na vía, en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Morre un motorista ao chocar contra un coche aparcado en Meaño
Por Oskar Viéitez |