Cae un motorista a causa dun animal que interceptou na vía, en Cuntis
Por Oskar Viéitez
Un animal que interceptou na vía provocou o desquilibrio e caída dun motorista en Cuntis.
O ferido foi evacuado ao Hospital de Montecelo para ser atendido das lesións provocadas polo accidente.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse preto das seis desta madrugada na estrada que une Cuntis con Moraña, nas curvas de Taboada.
Alí acudiron os voluntarios de Protección Civil da vila, así como un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.
Non foi o único sinistro rexistrado neste municipio pontevedrés. Pola noite, arredor das dez, un vehículo saíuse da vía na mesma estrada e resultou ferida unha muller. Unha persoa particular avisou do sinistro a través da súa chamada ao 112 Galicia para activar un operativo, que finalizou co traslado da ferida ao Hospital de Montecelo.
Relacionadas:
-
Aparatosa saída de vía na PO-220 cun ferido leve
Por Redacción |
-
Cuntis pide á Xunta unha maior dotación económica e de material para o Servizo de Emerxencias e Protección Civil
Por Oskar Viéitez |
-
Tráfico confisca un vehículo por reiteración de delitos contra a seguridade viaria do seu propietario
Por Oskar Viéitez |
-
Un condutor resulta ferido nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
As curvas de Castroloureiro e a estrada da Portela, os 'puntos negros' da rede viaria de Cuntis
Por Redacción |
-
Tres mozos resultan feridos nun accidente de madrugada en Cuntis
Por Redacción |