Morre un motorista ao chocar contra un coche aparcado en Meaño
Por Oskar Viéitez
Un home de 49 anos faleceu este xoves ao saírse da estrada coa moto que pilotaba e chocar contra un coche que estaba aparcado.
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar na estrada provincial EP-9305 ao seu paso por Coirón, no concello de Meaño.
O fatal accidente produciuse pasados uns minutos das sete desta mañá, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda
A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou que mobilizáronse dúas ambulancias ao lugar do accidente, unha de Soporte Vital Avanzado (SVA) e outra Básico (SVB). Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do motorista que bateu coa súa moto contra unha vivenda e outro vehículo.
O falecido era o único implicado neste suceso.
Ao punto do accidente, concretamente no lugar de Padrenda, tamén se dirixiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra.
Tamén foron informados os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros de Ribadumia, pero a vítima estaba liberada e accesible, por tanto, descartaron a súa intervención.