Maica Larriba: "O exemplo máis claro da gran contribución ao ámbito científico das mulleres está na Misión Biolóxica"
Por Redacción
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022, a Misión Biolóxica de Galicia (MBG) organizou a mesa redonda 'A muller na investigación, obstáculos e desafíos', na que conversaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea; a responsable do Grupo de Viticultura Olivo e Rosa, Carmen Martínez; o delegado Institucional do CSIC en Galicia, Javier Rey; a xerente da MBG, Natalia Martínez; e a responsable do Servizo de Finca Experimental, Rocío Huelga.
Maica Larriba a mesa e aproveitou para destacar que "o exemplo máis claro da gran contribución ao ámbito científico das mulleres está, precisamente, na Misión Biolóxica de Galicia e exemplificouse na campaña de visibilización posta en marcha polo centro, Somos Maioría".
A subdelegada do Goberno en Pontevedra incidiu no compromiso do Goberno de España por seguir despregando medidas públicas que contribúan a acelerar cambios sociais e culturais capaces da garantir contornas de traballo igualitarios nos que homes e mulleres dispoñan das mesmas oportunidades para construír un proxecto de vida en torno á investigación e a ciencia.
Nesta liña, destacou que nos últimos anos en España "avanzouse moito na participación equitativa" das mulleres e as nenas na ciencia, onde o número de investigadoras xa alcanza o 41%. Con todo, salientou "eivas importantes" como o menor número de estudantes investigadoras en áreas STEM ou as desigualdades que aínda perduran nos estamentos de toma de decisións nos sistemas de ciencia.
As cifras medias de España melloran no caso de Pontevedra. Na actualidade, as mulleres representan o 57,72 % do persoal dos tres centros que hai na provincia de Pontevedra asociados ao CSIC, unha cifra moi superior á media doutros organismos científicos nacionais.
A Misión Biolóxica de Galicia está dirixida por unha muller e conta con máis mulleres que homes, un 61,8 %. No Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Oceanográfico Español, as mulleres supoñen o 66 % do seu persoal. No Instituto de Investigacións Mariñas, as mulleres representan o 45,38 % do total do persoal investigador contratado.
Para a subdelegada do Gobierno, as mulleres destes tres centros de investigación son a mostra da importancia do talento feminino na ciencia e "unha contribución fundamental para seguir inspirando a futuras vocacións de nenas e mozas da provincia".
Relacionadas:
-
O CSIC inicia o proceso para rexistrar once variedades de oliveira autóctonas de Galicia, únicas no mundo e de interese comercial
Por Redacción |
-
Segunda xornada de protesta na Misión Biolóxica contra a reforma da Lei da Ciencia
Por Redacción |
-
Un grupo de científicas crea un método para medir os efectos da salinidade nas rías
Por Redacción |