Os roteiros saudables da Asociación Contra o Cancro reúnen a 40 persoas en Pontevedra
Por Redacción
Unhas 40 persoas participan desde o pasado mes de abril no programa Rutas Saudables, impulsado pola Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra e a Concellería de Deportes no marco da iniciativa municipal A Vida é Movernos.
A boa acollida do proxecto viuse reflectida no notable incremento do número de itinerarios ofertados, que pasaron dun único percorrido pola Xunqueira de Alba a cinco, ao sumarse roteiros pola contorna do río dos Gafos, a avenida de Marín, Monte Porreiro e a Illa das Esculturas.
O programa inclúe 16 saídas semanais e a data de finalización desta edición está prevista para marzo, en función das condicións meteorolóxicas. "O pasado mes de outubro iniciáronse dous novos grupos: un o martes pola tarde, ás 16:30 horas, e outro o xoves pola mañá, ás 11:00 horas. O grupo do xoves conta con 10 persoas inscritas, cunha taxa de participación semanal do 70% e unha valoración positiva por parte dos usuarios, e no do martes hai 6 persoas anotadas. A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra está a traballar para incrementar estas cifras nas vindeiras edicións e a partir de xaneiro", detalla o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
As Rutas Saudables están abertas a toda a poboación e teñen o obxectivo de combater o sedentarismo a través de camiñadas ao aire libre por diferentes contornoa naturais. Os itinerarios a pé, que se integrarán no proxecto do MetroSan, son froito dun acordo de colaboración asinado entre o Concello e a entidade social coa finalidade de fomentar hábitos de vida saudables entre as persoas, que axuden a reducir o risco de padecer enfermidades como o cancro.
A duración destas rutas semanais é de aproximadamente unha hora e media, sendo guiadas sempre por un voluntario. A iniciativa ten carácter gratuíto, con prazas limitadas, e está aberta a todas aquelas persoas que queiran iniciarse nunha actividade beneficiosa para a súa saúde. Os intersados poden inscribirse a través do teléfono 986 86 52 20 ou da dirección de correo electrónico pontevedra@aecc.es.
Relacionadas:
-
Metrosán converte Pontevedra nunha macro instalación deportiva
Por Manu Otero |
-
O Pazo da Cultura acolleu o IX Encontro de Alumnado das Escolas Asociadas da Unesco
Por Redacción |
-
Cirrios, rulas ou garzas poboan a Xunqueira de Alba, que suma 145 especies
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Un taller de Hábitos Saudables para pais dos deportistas do Club de Loita Pontevedra
Por Redacción |
-
A AECC denuncia nas rúas que "Non todos somos iguais fronte ao cancro"
Por María José Pita |
-
Novo taller de duelo para afrontar a perda dun ser querido por cancro
Por Redacción |
-
Inaugurada a nova sede da Asociación Contra o Cancro en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A AECC financiará unha investigación da UVigo para detectar o risco de cancro de colon no microbioma
Por María José Pita |
-
Abre o Mercado Solidario da AECC nunha nova ubicación
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Arredor de 200 persoas participan na andaina de Asampo para promover unha sociedade máis inclusiva
Por Redacción |
-
A AECC organiza novos obradoiros gratuítos para pacientes e familiares
Por Redacción |