Novo taller de duelo para afrontar a perda dun ser querido por cancro
Por Redacción
Afrontar a perda dun ser querido provoca un conxunto de reaccións chamadas duelo. A maioría das persoas son capaces por si mesmas de afrontar estas reacciones pero en ocasións necesítase intervención especializada para poder chegar a completar este proceso.
Compartir este momento con outras persoas na mesma situación pode axudar a que estas emocións evolucionen favorablemente. Por iso, desde a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra ponse en marcha de novo o taller Vivindo o meu duelo, dirixido a persoas que perderon un familiar por cancro.
Esta terapia grupal desenvolverase todos os luns desde o 14 de febreiro ao 18 de abril, de 17.00 a 18.30 horas, na sede da asociación na rúa Eduardo Pondal, con posibilidade de abrir novos grupos en distintas localidades da provincia.
O obxectivo deste taller, impartido por unha psicóloga da Asociación, é mellorar a evolución e evitar as complicacións que poidan derivar nun duelo patolóxico.
Durante as 10 sesións abordaranse diferentes temáticas desde o autocoidado de cada participante, pasando por sentimentos como a tristeza, o enfado ou a culpa, a comunicación coa familia, o legado que deixou esa persoa ata o agradecemento. Este traballo reforzarase con lecturas, tarefas e vídeos para motivar aos/ as participantes.
Como todas as demais actividades e servizos da Asociación, este taller de duelo é completamente gratuíto. Para inscribirse é necesario chamar ao teléfono gratuíto 900 100 036 (24 horas) ou escribir ao correo electrónico pontevedra@contraelcancer.es
Relacionadas:
-
Mércores 5, último día do Rastrillo Solidario da Asociación contra o cancro
Por Redacción |
-
O Náutico doa máis de 15.000 euros á Asociación Contra o Cancro e a Cáritas
Por Oskar Viéitez |
-
Inaugurada a nova sede da Asociación Contra o Cancro en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Os roteiros saudables da Asociación Contra o Cancro reúnen a 40 persoas en Pontevedra
Por Redacción |