Cuntis aproba o inicio do procedemento de servizo de axuda no fogar
Por Redacción
O Concello de Cuntis na súa Xunta de Goberno Local celebrada durante a mañá deste venres aprobou a licitación do contrato de axuda no fogar, que atende na actualidade a unha media de oitenta usuarios en todo o territorio.
Trátase dun servizo esencial con atención domiciliaria indispensable para moitas familias, polo que desde o goberno queren mostrar a súa aposta pola mellora destinando un total de 2.817.360,38 euros.
Ademais, entre as Ermidas, capelas e santuarios sinalizarán o San Ramón da Anllada, o San Ramón de Mesego, o Santa Lucía de Magán, o Magdalena de Meira, o Santiaguiño da Ermida, o Santo Ildefonso de Troáns e o Nosa Señora dos Castro Loureiro.
Situación da Atención Primaria en Cuntis
A "precaria" situación da Atención Primaria en Cuntis e, máis concretamente a suspensión do servizo de pediatría no centro de saúde está sendo un dos temas que máis preocupa aos grupos municipais da Corporación cuntiense.
Por ese motivo, este xoves 11 de novembro, voceiros dos grupos municipais reuníronse de manera telemática co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e co Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez, aos que o voceiro de Veciñanza, Santi Martínez, lles expuso as "deficiencias na atención primaria en Cuntis, que veñen sendo unha constante dende fai anos, como a escaseza de persoal, baixas que non se substitúen, lista de agarda demasiado elevada, deficiencias no edificio ou humidades".
Pero máis concretamente, Martínez enfatizou na situación do servizo de pediatría, que pasados os meses de verán todavía non se repoñeu polo que os pais e nais teñen que desprazarse a Caldas de Reis.
O voceiro, ademáis, culpa ao Xerente de Área Sanitaria por "afirmar que depois do verán o servizo de pediatría volvería prestarse en Cuntis" pero a poboación está a sufrir "un maltrato por parte do SERGAS totalmente impresentable" e esixe ao Concelleiro a reposición do servizo en Cuntis incentivando os destinos que puidesen resultar de máis difícil cobertura.
Neste senso, Martínez destaca a "decadencia demográfica que atravesa a nosa vila" e alude ás "políticas de reequilibrio territorial das que presume a Xunta de Galicia para explicar a necesidade dunha atención sanitaria de calidade no rural".
Para reclamar unha digna atención, Veciñanza apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública este domingo ás 12:00 horas en Santiago, á que asistirá unha nutrida representación. Ademais, fai un chamamento aos veciños e veciñas de Cuntis para que tamén acudan e se mobilicen fronte aos recortes e ao deterioro, e defendan que os servizos públicos son unha necesidade.
Relacionadas:
-
As 28 traballadoras de axuda a domicilio de Cuntis conservarán o seu emprego coa nova adxudicataria
Por Redacción |
-
Cuntis adxudica a Sociser Galicia o servizo de Atención Domiciliaria por 1,4 millóns ao ano
Por Redacción |
-
Pensionistas de CCOO exercítanse cunha protesta no Hospital Provincial de cara á gran manifestación pola sanidade pública
Por Anxo Lourido |
-
Última chamada para viaxar a Santiago coa Federación Castelao pola defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
Apoio do goberno local á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para reclamar recursos en Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |