A centola regresa aos mercados a tempo para o nadal
Por Redacción
A extracción da centola, especie que estaba en veda, volve a estar permitida no litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra. No caso de esta última, poderá capturarse desde este domingo na área que vai de cabo Corrubedo ata A Guarda.
O inicio da actividade réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles equipamentos e técnicas permitidas para a extracción profesional dos recursos mariños vivos.
A frota que se dedica á extracción desta especie pode levar as súas capturas á lonxa o luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2022, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.
A Xunta abre tamén este domingo campaña extractiva do boi en todo o litoral de Galicia.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.
Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.