Quince familias de Pontevedra con pacientes oncolóxicos reciben doazón de alimentos
Por Redacción
Entregar comida non perecedoira a familias ás que a enfermidade oncolóxica afectoulles economicamente. Ese é o obxectivo da colaboración entre a Asociación Española Contra o Cancro, o Banco de Alimentos de Pontevedra e o Fondo Europeo Agrícola de Garantía.
Voluntarios da AECC repartiron estes alimentos a 53 usuarios pertencentes a 28 familias, quince do ámbito de Pontevedra e trece na área de Vigo.
Debido á importante subida de usuarios deste programa, aumentouse o orzamento para axudas por mor da pandemia, de 18.000 euros iniciais ata máis de 36.000 euros.
Ademais deste programa, a asociación axuda a familias con problemas económicos co pago de recibos, compra de medicamentos ou préstamo de material ortoprotésico como camas, guindastres, cadeiras, andadores ou perrucas.
No primeiro semestre deste 2021 realizáronse, en toda a provincia de Pontevedra, un total de 1.540 intervencións desde o departamento de Traballo Social da entidade.
Todos os programas da Asociación Española Contra o Cancro son gratuítos e conta cun número de axuda 24 horas (900 100 036) onde un equipo de voluntarios e profesionais ofrecen información, apoio, axuda ou asesoramento a pacientes con cancro e a súa contorna.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos de Pontevedra repartiu o pasado ano 370.000 quilos de comida
Por Redacción |
-
A AECC denuncia nas rúas que "Non todos somos iguais fronte ao cancro"
Por María José Pita |
-
O Banco de Alimentos contará con 200 voluntarios para iniciar a súa tradicional "Gran Recollida"
Por Redacción |
-
A AECC organiza novos obradoiros gratuítos para pacientes e familiares
Por Redacción |
-
A asociación contra o cancro terá un mercadiño solidario en Marín
Por Redacción |
-
O banco de perrucas da AECC rexuvenece: "Cada vez hai xente máis nova que necesita outro tipo de peiteados"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A AECC volve "sacar peito" contra a vulnerabilidade que xera o cancro de mama
Por Redacción |