A asociación contra o cancro terá un mercadiño solidario en Marín
Por Redacción
A xunta local de Marín da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) estará os próximos meses nos locais 1308 e 1312 do patio norte da praza de abastos cun mercadiño solidario para recadar fondos para o colectivo social.
A concelleira Cristina Acuña achegouse ata a praza para coñecer os produtos que se porán á venda e para animar á veciñanza a aportar o seu gran de area nesta causa.
O mercadiño estará aberto os martes, xoves e sábados, de 10 a 13 horas, e haberá tanto produtos de segunda man como novos, que foron en moitos casos doados por comerciantes de Marín.
Desde a AECC de Marín piden á cidadanía colaboración nesta iniciativa solidaria.
As xuntas locais da AECC ofrecen servizos esenciais tanto para os pacientes como para os seus coidadores, apoiando psicoloxicamente e a nivel informativo a todos aqueles que pasan por un proceso oncolóxico.