RADIO.- Comeza unha semana para gozar dos 'Mestizaxes' da Pontevedra Capital Gastro
Por Redacción
Pontevedra Capital Castro, baixo o paraugas da Concellería de Promoción Económica e Turismo, inicia este martes 2 de novembro unha nova proposta gastronómica que visibilizará a cociña internacional que ofrece a hostalería da cidade: Mestizaxes. Vertébrase dunha parte cos 'Encontros mestizos' que se desenvolverán na Casa das Campás ata o xoves 4 e desde esa mesma xornada poderase visitar ata o domingo 7 o primeiro festival gastronómico 'As cociñas de ida e volta' na carpa instalada na Praza de España para degustar tapas doces e salgadas.
Para coñecer os obxectivos e propostas que expón Mestizaxes participan en PontevedraViva Radio, a concelleira desta área, Yoya Blanco; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; e os cociñeiros e empresarios Francesco Iannelli e Rubén González de Il Piccolo e O Cafetín. A esta colaboración de administración local, entidade académica e sector hostaleiro hai que sumar tamén ao CIFP Carlos Oroza.
Durante a charla, ponse de manifesto a diversa oferta gastronómica internacional que existe en Pontevedra, con cociñas internacionais de máis dunha decena de países; á que se sumará neste caso un "invitado especial e que será a nosa veciña Portugal", sinala a concelleira socialista.
De igual forma, inciden na profesionalidade e innovación que actualmente ofrece a hostalería local e a visibilidade que supoñen ocasións como estes 'Mestizaxes'. "Imos polo bo camiño" sinalan, engadindo que "nos faltaba crérnolo". Para seguir incentivando a actividade económica e a promoción do turismo, o outono seguirá ofrecendo máis propostas gastronómicas como Pontedetapas e Etiqueta Negra.
Relacionadas:
-
RADIO.- "Etiqueta Negra vai sorprender ata os padais máis esixentes"
Por Redacción |
-
Máis de 10.000 visitantes degustaron 15.250 tapas servidas no Festival Gastronómico Mestizaxes
Por Redacción |
-
Mestizaxes abre as portas a un universo de cociña de fusión
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Mestizaxes pon o foco no intercambio culinario entre Pontevedra e Perú
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Sabor e cor marroquí con produto e tradición de Galicia para inaugurar Mestizaxes
Por Manu Otero |
-
Mestizaxes, o festival das cociñas do mundo feitas con produto local
Por María José Pita |
-
RADIO.- Falamos das cores, olores e sabores do outono turístico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da marca Pontevedra Capital Gastro para converter a cidade en referente gastronómico
Por Redacción |