O PP denuncia que o goberno local oculta a listaxe de espera do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción
A raiz dunha inspección da Xunta de Galicia na que, segundo o Partido Popular, se detectaron pagamentos irregulares dende o Concello á empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar, os concelleiros populares sinalan que reclamaron datos sobre o número de persoas pendentes de asistencia en Pontevedra. Non obstante, denuncian que a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, evita ofrecer eses datos.
Segundo o PP, á solicitude do número de usuarios que están pendentes de que a empresa adxudicataria Clece lle preste os servizos de axuda, a resposta que os populares obtiveron "non puido ser máis esquiva, pois se limita a facer referencia a que o financiamento corresponde á Xunta, Concello e usuarios, e a queixa habitual do equipo de Lores sobre que a achega autonómica resulta insuficiente".
Os populares indican que, non obstante, non lograron ningún dato concreto sobre a lista de espera. Apuntan a que a Xunta de Galicia detectou pagamentos irregulares constantes á concesionaria Clece dende novembro de 2011. O grupo que lidera Jacobo Moreira considera "embarazoso e intolerable que os usuarios, persoas maiores ou con autonomía limitada, tivesen que desembolsar diñeiro por un servizo que non recibían, pois lles cobraban por todos os festivos, nos que non había prestación".
Segundo relatan dende o Partido Popular, durante os últimas días, o Concello reclamou a devolución do diñeiro á concesionaria pero "non ofreceu aclaracións sobre outros significativos defectos no servizo". Entre estes fallos destaca que se sometese aos beneficiarios a listas de espera superiores a 30 días.
Relacionadas:
-
Rodríguez Teso (PP): "Las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local"
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra poderá prestar 6.000 horas máis do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
A concelleira de Benestar Social acusa o PP de mentir e manipular nas críticas ao Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o Servizo de Axuda no Fogar ten listas de espera "de máis de 30 días"
Por Redacción |
-
Goberno e oposición enrédanse polo pagamento dunhas facturas por servizos de axuda no fogar que non se prestaron
Por Oskar Viéitez |