Goberno e oposición enrédanse polo pagamento dunhas facturas por servizos de axuda no fogar que non se prestaron
Por Oskar Viéitez
A concelleira do Partido Popular en Pontevedra, María José Rodríguez, asegurou que o Concello pagou a empresa Clece facturas por servizos que non se prestaron. Segundo a concelleira unha inspección rutinaria da Xunta puxo ao descuberto "a lasitude coa que se abona o Servizo de Axuda ao Fogar, con pagos irregulares constantes á concesionaria, Clece, unha filial do grupo ACS, desde como mínimo novembro de 2011".
Segundo os datos facilitados polos populares se pagaron case 38.000 euros de máis de fondos do Concello a esta compañía, mais para o Partido Popular "aínda resulta máis embarazoso e intolerable que os usuarios, basicamente persoas maiores ou con autonomía limitada, tamén tiveran que desembolsar cartos por un servizo que non recibiron".
O caso descubriuse a raíz dunha inspección realizada pola Xunta en xaneiro deste ano, un exame que detectou que non se estaba a reflectir na facturación a diminución do servizo nos días non laborais e cobrábase por todos os festivos tanto á Administración como aos usuarios na porcentaxe de copago que lles tocaba.
Desde a modificación da ordenanza ligada a este servizo, con data de novembro de 2011, sumáronse abonos indebidos por 37.809,26 , pero aínda haberá que computar os importes cobrados de máis desde o inicio da prestación da actividade por parte da filial de ACS, é dicir, desde abril dese mesmo ano 2011.
A resposta municipal veu da man da concelleira resbonsable do Área de Benestar Social, Carme Fouces, que explicou que "ese dato existe e é froito dunha auditoria, unha investigación e dun traballo de control que eu ordenei internamente no servizo xa que este é o contrato máis grande que temos dentro de servizos sociais, cunha dificultade de execución importante".
Dixo Fouces que tralos cambios na Lei de Dependencia, ao asumir a concellalía "eu decidin facer esa revisión interna para ver como se estaba a executar ese contrato porque éste é un contrato sensible. Este tipo de contratos se dan minuto a minuto, hora a hora, normalmente se dan 50.000 horas ao ano de contrato que hai que controlar moi ben".
O PP denunciou tamén a pérda doutros 37.000 euros por pagamentos en concepto de IVE
"Efectivamente se comprobaron que había unha serie de disfuncións. Falouse coa empresa, onte mesmo estiven a falar con ela e sen problema, porque esas son entregas a conta. E dicir, e a empresa a que fai un expediente de reintegro e nos próximos días fará efectivo o reintegro, e ademáis terá que facelo con certa presa porque senón entra por vía executivo e terá que pagar intereses", asegurou Fouces.
A concelleira do Partido Popular, María José Rodríguez Teso, denunciou tamén a perda doutros 37.000 euros das arcas municipais por pagos en concepto de IVE polo Servizo de Axuda no Fogar superiores ao estipulado. Segundo explicou, a pesar de que a Dirección Xeral de Tributos ten dito desde 2010 que o tipo impositivo é o do 4%, o goberno de Miguel Lores non se decatou ata maio do presente ano. "ÿ dicir _explicou a concelleira_ pagamos eses outros 37.395,92 euros de máis pola deixamento do alcalde e do seu equipo, unha cantidade que o Concello xa non pode recuperar".
A contestación de Fouces foi que foi a Xunta de Galicia quen remitiu por escrito no 2011 cal era o IVE que tiñan que aplicar, indicando que no IVE da Lei de Dependencia debería aplicar o superreducida, do 4%, e no de axuda no fogar municipal o 8%, que despois pasou ao 10.
Relacionadas:
-
Pontevedra poderá prestar 6.000 horas máis do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o goberno local oculta a listaxe de espera do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o Servizo de Axuda no Fogar ten listas de espera "de máis de 30 días"
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira sobre Raimundo González: "Este concejal de Hacienda tiene la misma credibilidad que el señor Bárcenas"
Por Redacción |
-
Clece condenada a pagar máis de 40 mil euros aos limpadores do CHOP
Por Redacción |
-
As traballadoras do servizo de atención a domicilio inician mobilizacións
Por Oskar Viéitez |