Rodríguez Teso (PP): "Las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local"
Por Natalia Puga
A supresión no ano 2011 do equipo municipal de Inclusión Social e o anuncio dos últimos días de que no curso académico 2015-2016 non haberá Banco Municipal de Libros de Texto son, a xuízo do Partido Popular de Pontevedra, unha clara demostración de que "las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local".
A conclusión formulouna este venres a concelleiro 'popular' María José Rodríguez Teso no transcurso dunha rolda de prensa na que criticou que dende o ano 2010 o Goberno local de Pontevedra non parou de reducir o presuposto destinado a servizos sociais. Así, pasou de destinar o 5,4% do presuposto municipal hai catro anos ao 4,7% na anualidade actual.
Rodríguez Teso anunciou que en caso de que o seu partido goberne no Concello de Pontevedra despois das próximas eleccións de maio de 2015 retomarán o Servizo de Inclusión Social que foi eliminado coa conseguinte redución de entre 130.000 e 140.000 euros e tres postos de traballo. En caso de que o Goberno local "no recapacite" (tendeu a man á Fanpa) e elimine o Banco de Libros Municipal, volverao poñer en marcha.
Durante a súa comparecencia, a concelleira do PP mostrouse especialmente crítica coa concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, e coas declaracións realizadas nos últimos días en relación co Banco de Libros. Repróchalle que "parece mentira que siendo docente diga eso (las críticas a que la LOMCE obliga a cambiar el material escolar) porque todas las leyes cambian los libros".
En relación co Banco de Libros, recrimínalle que utilizase como xustificación para suprimilo que non lle compense a súa posta en marcha polos poucos cidadáns que poidan resultar beneficiados. "Cuando dice que cierra un servicio porque no compensa, será que no le compensa a ella, porque a los padres sí que les resulta necesario", sinalou.
Rodríguez Teso ve especialmente grave esta supresión de servizos nunha época de crise na que "son fundamentales", pois no caso de do equipo de Inclusión Social é "el peor momento posible" e no caso do Banco de Libros é, ademais, "una falta de consideración" por parte do Goberno local cara a colectivos como as asociacións de pais.
Relacionadas:
-
O Concello téndelle a man á Fanpa para valorar se hai algunha posibilidade de manter o Banco de Libros
Por Oskar Viéitez |
-
A FANPA expresa a súa disconformidade sobre o peche do banco de libros municipal
Por Oskar Viéitez |
-
A LOMCE aboca ao peche ao Banco de Libros de Texto
Por Redacción |
-
A concelleira de Benestar Social acusa o PP de mentir e manipular nas críticas ao Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o goberno local oculta a listaxe de espera do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o Servizo de Axuda no Fogar ten listas de espera "de máis de 30 días"
Por Redacción |