O Concello téndelle a man á Fanpa para valorar se hai algunha posibilidade de manter o Banco de Libros
Por Oskar Viéitez
A Concellería de Benestar Social Municipal está disposta a falar coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA), así coma cos centros educativos, ANPAS, profesorado e familias para " valorar se hai algunha posibilidade de manter o Banco de Libros Municipal" tal e como se estaba a facer até agora ou baixo o formato que se decida.
Pasado o próximo curso, no novo mandato, a concellaría non dubida de que o banco de libros seguirá funcionando, sempre que a Xunta o permita.
O Concello agradécelle ás familias o respaldo a esta iniciativa xa que se trata dun dos proxecto municipais que empezaron neste mandato, hai dous anos, e que "cumpriu sobradamente cos tres obxectivos marcados" de propiciar un aforro económico para as familias, fomentar o respecto e coidado polos libros así como os criterios medio ambientais reducindo a cantidade de residuos e a cantidade de papel utilizado.
O Concello comprende a preocupación que veñen manifestando cara o vindeiro curso
Asimesmo a concellería agradece o esforzo que están a facer os centros educativos mantendo os vellos manuais difíciles de adaptar a nova lexislación LOMCE, por iso comprende a preocupación que veñen manifestando cara o vindeiro curso polos exames de reválidas de sexto de primaria e de avaliación de terceiro de primaria aos que se terá que presentarse o alumnado de acordo á nova normativa LOMCE.
Esta cuestión é clave para valorar por parte do profesorado, a implantación dos novos textos, xa que será baixo estes contidos e novas asignaturas sobre as que versarán os exames.
Ante esta situación, só quedarán dous cursos de secundaria (segundo e cuarto) e un de Bacharelato (segundo) cos libros LOE, polo tanto, "o banco chegaría a un número ínfimo de familias", afirman dende o Concello.
Relacionadas:
-
A continuidade do banco de libros de texto, supeditada á sinatura dun convenio coa Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Rodríguez Teso (PP): "Las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local"
Por Natalia Puga |
-
A FANPA expresa a súa disconformidade sobre o peche do banco de libros municipal
Por Oskar Viéitez |
-
A LOMCE aboca ao peche ao Banco de Libros de Texto
Por Redacción |