A FANPA expresa a súa disconformidade sobre o peche do banco de libros municipal
Por Oskar Viéitez
A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra (Fanpa) emitiu un comunicado para expresar a súa "disconformidade " coa decisión da Concellaría de Benestar Social de pechar o banco de libros de cara ao curso vindeiro e agarda "de xeito sincero", que reconsidere a medida adoptada.
A Fanpa recorda que o banco de libros é "unha obra social de importancia fundamental no eido da educación", que axuda a máis de 1.500 nenos segundo as propias cifras da Concellaría de Benestar Social.
Consideran que a decisión da Concellaría é "precipitada"
A Federación que preside Rogelio Carballo considera que a decisión da concellaría é "precipitada xa que aínda non sabemos que vai pasar o curso vindeiro: cantos libros cambian os colexios, de que contía van ser as axudas, etc ".
Entre outras razóns a Fanpa lembra que o ano pasado tanto dende CONFAPA Galicia como dende a propia Federación impulsaron nos consellos escolares a continuidade dos libros de texto ata esgotar a súa vixencia, malia a implantación da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A Consellaría de Educación aceptou a petición e acordou deixar nas mans dos directores a decisión de manter os libros de texto.
"A continuidade dos libros de texto, ata que remate o seu ciclo, foi grazas á existencia dos bancos de libros, se desaparecen, o acordo conseguido xa non tería valor ningún, polo que as familias terían que enfrontarse a unha renovación completa do material didáctico, cos custos disparatados que iso supón", di o escrito feito público polos pais.
"O banco de libros ten que estar plenamente vixente ", sexa para libros da LOGSE ou da LOMCE, "xa que seguirán sendo de difícil acceso para moitas familias", engaden.
As cuantías das axudas non cubre a totalidade do custo dos libros de texto
Ademáis sinalan que o decreto recente da Xunta de axudas para libros de textos, que obriga a crear fondos de libros en cada centro educativo, non elimina a necesidade dun banco de libros, pois as cuantías das axudas non cubre a totalidade do custo dos libros de texto polo que as familias sempre teñen que comprar algúns.
Finalmente apuntan que na ESO "a situación agrávase" ao seren os libros máis caros e, no entanto, as axudas para os libros de secundaria son moi semellantes aos de primaria" e detacan que por outra banda, para bacharelato non hai axudas.
Relacionadas:
-
A continuidade do banco de libros de texto, supeditada á sinatura dun convenio coa Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Rodríguez Teso (PP): "Las políticas sociales no parecen ser una prioridad del Gobierno local"
Por Natalia Puga |
-
O Concello téndelle a man á Fanpa para valorar se hai algunha posibilidade de manter o Banco de Libros
Por Oskar Viéitez |
-
A LOMCE aboca ao peche ao Banco de Libros de Texto
Por Redacción |
-
Comezan a repartir os manuais de Primaria depositados no Banco de Libros de Texto
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Arranca unha nova edición do Banco de libros de texto
Por Oskar Viéitez |