Susana López Abella visita o Espazo Concilia, que beneficia a 30 familias de Poio este verán
Por Redacción
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitaron este venres o Espazo Concilia do Concello de Poio, que atendeu a trinta nenas e nenos de entre 3 e 12 anos dende o pasado 1 de xullo e que rematará cando comece o curso escolar 2021/2022 o vindeiro xoves.
Os representantes autonómicos destacaron que a Consellería de Emprego e Igualdade destina este ano case 7,5 millóns de euros a programas de conciliación, promoción da igualdade, colaboración cos Centros de Información á Muller (CIM) e prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.
Dentro destas liñas, o departamento autonómico aportou o programa "No Verán Somos Iguais" do Concello de Meaño (15.000 euros), Espazo Concilia do Concello de Poio (9.677 euros), Ponte Caldelas Concilia (7.084 euros) ou a Casa de Escudeiro do Concello de Meis (7.491 euros), entre outros.
Polo demais, Susana López Abella e Luis López, acompañados polo alcalde de Poio, Luciano Sobral, coñeceron o funcionamento do Espazo Concilia que se desenvolve no CEIP Viñas de San Salvador, concíbese como un espazo socioeducativo e de lecer de apoio á infancia e de impulso da conciliación cun horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres durante todo o verán.
Relacionadas:
-
A Concellería de Educación manterá o reforzo dos labores de desinfección nos centros escolares
Por Redacción |
-
O Espazo Concilia de Poio vive unha xornada ao aire libre no Pazo de Besada
Por Redacción |
-
O colexio de Viñas acollerá o Espazo Concilia e o Pavillón da Seca o Campus de Verán Multideporte Move-T
Por Redacción |
-
O Espazo Concilia de Poio abrirá o período de inscricións o vindeiro 24 de maio
Por Redacción |