A Concellería de Educación manterá o reforzo dos labores de desinfección nos centros escolares
Por Redacción
O Concello de Poio continuará asumindo os traballos de desinfección, a maiores dos habituais de limpeza, nos centros educativos do municipio durante o curso que está a piques de comezar.
A concelleira de Educación, Raquel Rodríguez (BNG), informou sobre os traballos acometidos durante a temporada estival. Desenvolvéronse tarefas de pintado e se procedeu a realizar diferentes arranxos nos centros educativos.
Ademais, tamén hai que destacar a mellora executada no pavillón polideportivo do CEIP Lourido, grazas á cal as instalacións contan agora con máis espazo para o almacenamento de material deportivo.
Raquel Rodríguez ten previsto manter unha reunión nos vindeiros días cos responsables dos centros do municipio.