Aprobado un investimento de 43.000 euros para completar a rede de saneamento no lugar da Casiña en Cuntis
Por Redacción
A derradeira fase do saneamento do núcleo da Casiña, pertencente á parroquia de Arcos, executarase "coa maior celeridade posible" a partir deste venres, posto que a Deputación de Pontevedra xa aprobou unha subvención de 43.000 euros para executala.
Segundo informou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, esta concesión é unha "moi boa nova que nos permitirá seguir avanzando de maneira decidida na ampliación da rede de saneamento ata chegar á maior parte do rural". Agora, unha vez que a administración provincial deu luz verde á axuda, o Concello "axilizará o proceso de licitación dos traballos para acometer o proxecto coa maior celeridade posible". As obras permitirán mellorar a rede de sumidoiros da Casiña, rematando o os traballos iniciados no 2019 no resto do lugar.
As actuacións consistirán na instalación dun novo tramo de colector que chegará ata a depuradora municipal dando así servizo ás 3 ultimas casas da aldea. Ademais, tamén mellorarán a instalación existente que está considerablemente deteriorada.
O primeiro tramo que proxectan tamén contará cunha canalización principal de 361 metros de lonxitude que discorrerá de norte a sur pola marxe esquerda da estrada EP-8403 dende o pozo final onde deixaron o colector executado no ano 2019 ata a depuradora municipal situada no lugar. En canto ao segundo, o proxecto contempla 82 metros necesarios para a conexión dunha vivenda illada. Unha vez iniciadas as obras o prazo de execución establéceno en dous meses.
O alcalde lembrou que actualmente un 70% do concello conta con conexión á rede de sumidoiros grazas aos case 420.000 euros destinados de fondos propios ou procedentes do Plan de Concellos da Deputación.
En resumo, durante estes últimos anos executaron obras de saneamento no centro de día, varias depuradoras as puxeron en marcha nas zonas do rural e mellorouse a EDAR de Meira con máis de 20.000 euros en 2020. Tamén desenvolveron obras en Ducío e Portela e teñen proxectadas actuacións no lugar de Pazo, en Couselo ou en Teaño cun investimento total que de superará os 200.000 euros.
Relacionadas:
-
Cuntis elimina a depuradora da Louriña e conectará Cardecide coa EDAR de Meira
Por Redacción |
-
Reforman a estrada provincial EP-8403 na parroquia cuntiense de Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
Mellora o saneamento en Cuntis coa eliminación da depuradora de A Louriña
Por Redacción |
-
Investiranse 1.600.000 euros en novas obras de saneamento en Cuntis
Por Redacción |
-
A rede de saneamento chega ao lugar de Ducío, na parroquia cuntiense de Arcos
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva visita en Cuntis as obras do saneamento no lugar da Casiña
Por Redacción |