Reforman a estrada provincial EP-8403 na parroquia cuntiense de Arcos de Furcos
Por Redacción
Este sábado, o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acompañado polos concelleiros Ana Loureiro e José Treviño visitaron as obras de mellora da estrada provincial EP-8403 na parroquia de Arcos de Furcos.
A reforma fora solicitada polo propio rexedor cuntiense á Deputación de Pontevedra xunto con outras melloras que se acometerán por tramos.
Nesta primeira fase, que afecta a un treito de dous quilómetros, acométese a limpeza de cunetas e drenaxes aplicándose unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente, e renovarase a sinalización horizontal co pintado da vía.
O alcalde agradeceu o compromiso da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, coa mellora da cohesión territorial da provincia e da calidade de vida dos veciños.
Así mesmo, Manuel Campos reiterou a aposta do grupo de goberno polo rural e engadiu que este tipo de obras "é necesario que se acometan por fases dado o gran esforzo investidor que necesitan" para a súa execución "e demostran, unha vez máis, que o goberno local tivo e ten un plan de traballos para a veciñanza de Cuntis".
Relacionadas:
-
Un colapso nas tubaxes obriga a actuar de urxencia na rúa cuntiense da Igrexa
Por Redacción |
-
Os festivos locais, a reforma da Rúa do Convento e o ANPA O Baño, temas a tratar no pleno municipal de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis anima á veciñanza a plantar castiñeiros como alternativa ao eucalipto
Por Redacción |
-
Aprobado un investimento de 43.000 euros para completar a rede de saneamento no lugar da Casiña en Cuntis
Por Redacción |