Carme da Silva denuncia "agresións con elevada violencia" na protesta dos traballadores de ENCE

Por Diego Espiño
Contrariada tras os desagradables momentos vividos a concelleira de Festas, Carme da Silva, exerceu de portavoz municipal para valorar o sucedido durante e en especial tras o pregón da Peregrina ao que levaron a súa protesta os traballadores de ENCE.
"A violencia que tivemos que padecer hoxe, unha vez máis, é máis que evidente e pública", defendeu a edil asegurando que "no momento de saír evidentemente houbo momentos de enorme violencia e agresividade". De feito para Da Silva "se non hai persoas lesionadas de gravidade, como o alcalde, é pola intervención da Policía Local. En moitos momentos foi a policía quen parou os golpes".
Carme da Silva: "Se non hai persoas lesionadas de gravidade, como o alcalde, é pola intervención da Policía Local. En moitos momentos foi a policía quen parou os golpes"
Refírese a concelleira ao momento no que a corporación e a presidenta provincial tivo que ser escoltada por persoal da Policía Local e tamén por axentes Antidisturbios da Policía Nacional. "Houbo agresións con elevada violencia dirixidas directamente contra nós. Paráronas os axentes da Policía", reiterou.
Para Da Silva "cumpríronse as peores expectativas" cunha actitude por parte dos traballadores de ENCE que supón "unha absoluta de respeto á sociedade pontevedresa e á pregoeira", xa que "nin sequera tiveron a educación de respetar o tempo no que ela interviña".
A concelleira acusa directamente á pasteira de ser a que "mandou e a que veu rebentar o pregón das festas da Peregrina de todos os pontevedreses e pontevedresas".
"Temos moitos antecedentes de que cando a empresa manda parar a violencia, a violencia para", sinalou defendendo que "as Festas da Peregrina nada teñen que ver coa situación legal de ENCE".
A portavoz do goberno municipal desvelou que están á espera dos informes que se realicen por parte das forzas de seguridade para "tomar as decisións que correspondan". Ademais avanzou que un músico resultou ferido con danos no oído "non sabemos da magnitude" debido aos petardos lanzados na parte traseira do palco da Alameda.
Por último a concelleira de Festas quixo agradecer o "exercicio de enteireza, de dignidade e de saber estar" da pregoeira, Violeta Mosquera, "porque é moi difícil facer unha intervención nestas condicións".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Traballadores de ENCE cortan o tráfico con barricadas nas saídas da cidade cara a Marín e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Domínguez reta a Lores a que consiga emprego para as 500 familias que se verían afectadas por un peche de ENCE
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez desmárcase do boicot ao pregón e condena "cualquier tipo de violencia"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores esixe a ENCE e ao PP que se desculpen polo "acto de violencia premeditado e planificado contra a cidadanía"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Violeta Mosquera dá "un pouco de caña" nun pregón da Peregrina sen prexuízos, feminista e reivindicativo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Traballadores de ENCE rebentan o pregón da Peregrina e acosan á corporación municipal
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Da Silva: "Se Ence rebenta o pregón faltará ao respecto á pregoeira e a toda a sociedade de Pontevedra"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |