Os contaxios por covid soben ata os 34 no último día elevando a 262 os casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
A baixada no ritmo de contaxios detectados de covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés quedou en flor dun día, e este mércores 30 de xuño o balance diario oficial do Servizo Galego de Saúde volve ofrecer cifras máis elevadas superando a trintena de novos casos.
En concreto nas últimas 24 horas detectáronse 34 novos positivos por coronavirus, o que fixo subir os casos activos na área pontevedresa ata os 262. Isto supón 24 casos máis que o martes ao superar os contaxios con fartura ás 10 altas epidemiolóxicas dadas.
Ademais a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo sumou un paciente covid máis, con tres persoas evolucionando nas súas instalacións das nove que permanecen ingresadas. As outras seis atópanse repartidas en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (3) e o Hospital do Salnés (3).
Desde o inicio da pandemia recibiron o alta 14.201 afectados por el virus, rexistrándose 181 falecementos de pacientes con positivo activo.
Segundo informa o Sergas nas últimas 24 horas realizáronse 457 probas PCR na área sanitaria.
Relacionadas:
-
A pandemia segue descontrolada na área sanitaria, con 62 novos positivos nun día e un paciente máis en UCI
Por Natalia Puga |
-
A cifra de contaxios por covid, disparada na área sanitaria: 64 positivos nun día e 321 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, Vilaboa, Barro, Cambados e Vilanova únense a Poio no nivel medio de restricións
Por Natalia Puga |
-
Sanidade amplía os cribados para conter o brote de Mallorca, que xa suma 85 positivos en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Atenúase o ritmo de contaxios por covid e os hospitalizados baixan a oito na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Soben a dez os hospitalizados por covid na área sanitaria, con tres persoas na UCI
Por Diego Espiño |