Sanidade amplía o cribado a estudantes pontevedreses de segundo de bacharelato de cinco institutos máis
Por Diego Espiño
O preocupante gromo de covid derivado dunha viaxe de fin de curso a Mallorca, que este sábado contabilizaba xa 48 contaxios na área sanitaria, levou á Consellería de Sanidade a ampliar os cribados previstos ao colectivo estudantil de Pontevedra.
Inicialmente as probas comezaron polos institutos Sánchez Cantón, Sagrado Corazón, as Xunqueiras 1 e 2 e o colexio SEK de Poio, pero a partir do luns 28 de xuño van sumar cinco centros educativos máis.
Trátase do IES Valle Inclán, Frei Martín Sarmiento, Los Sauces, Torrente Ballester e o Luís Seoane, segundo confirmou o Sergas.
Están chamados a participar 358 alumnos de segundo curso de bacharelato, aos que se lles realizará, de maneira voluntaria, probas PCR no posto habilitado para iso no aparcadoiro exterior do Hospital Provincial.
Os primeiros en acudir serán o mesmo luns en horario matinal 123 alumnos do IES Valle Inclán, continuando o martes co Torrente Ballester (74 alumnos), Luís Seoane (33), Frei Martín Sarmiento (84) e Los Sauces (44).
A maiores na mañá do próximo mércores 30 de xuño realizarase outro cribado específico con PCR a 330 mozos do Concello de Poio con idades entre os 17 e os 19 anos.
Relacionadas:
-
O brote de covid-19 derivado de viaxes de estudantes a Mallorca xa ascende a 80 positivos en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
"Aínda é cedo para dimensionar se van modificarse as restricións" afirma o conselleiro de Sanidade ante o gromo de Mallorca
Por Redacción |
-
Soben a dez os hospitalizados por covid na área sanitaria, con tres persoas na UCI
Por Diego Espiño |
-
Ascenden a 48 os pontevedreses infectados por covid tras unha viaxe de fin de curso a Mallorca
Por Diego Espiño |
-
Álvarez Deza: "É unha irresponsabilidade por parte dos pais deixar ir aos seus fillos a unha viaxe multitudinaria"
Por Manu Otero |
-
Unha trintena de contaxios en Pontevedra tras unha viaxe de fin de curso a Mallorca
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Convocan 510 bachareis a un cribado despois dos gromos xurdidos en festas de gradación e excursións
Por Oskar Viéitez |