Avanza a tramitación para a creación dunha nova praza en San Xurxo de Sacos
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade aproba de forma inicial o plan especial de infraestruturas para conseguir a recualificación urbanística dos terreos precisos para poder construír nunha zona de ruínas unha praza en San Xurxo de Sacos.
O proxecto, que con esta decisión dá un novo paso adiante, está valorado en 70.000 euros. De forma recente, o plan xa obtivera o informa positivo do Servizo de Avaliación Ambintal de Plans e Programas da Xunta para o plan especial de dotacións, un documento obrigatorio xa que o lugar onde se proxecta a praza veciñal está condicionado por unhas ruínas afectadas por Patrimonio e tamén se contempla a expropiación dos terreos de propietario descoñecido.
Neste sentido, o alcalde Jorge Cubela pide paciencia e tranquilidade aos veciños porque a tramitación do proxecto está a dilatarse pola complexidade dos trámites administrativos. "Os tempos son os que son e os informes que hai que facer e os trámites a realizar ante os distintos organismos sectoriais teñen os seus ritmos, pero que os veciños e veciñas de San Xurxo estén tranquilos porque a miña palabra está dada e eu non lles vou fallar", rematou.
Relacionadas:
-
O proxecto da praza de San Xurxo de Sacos consegue o informe favorable de Patrimonio
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade amplía o seu persoal para poñer baixo control a maleza e mellorar a imaxe dos seus espazos públicos
Por Redacción |
-
Informe positivo de Avaliación Ambiental da Xunta para a creación da Praza de San Xurxo de Sacos
Por Redacción |