A.M.A aumenta o seu beneficio un 28% ata superar os 12 millóns de euros
O beneficio bruto de A.M.A aumentou durante o 2020 un 28,5% ata os 12.015.000 euros, o que representa un 8,2% das primas imputadas netas do reaseguro, segundo quedou de manifesto na Asemblea Xeral que A.M.A. Grupo celebrou este venres na súa sede central de Madrid con todos os 'protocolos covid' e baixo estritas medidas de seguridade sanitaria.
Fronte á desaceleración global sen precedentes orixinada pola pandemia, a compañía soubo manter unha posición moi sólida, "o que nos vai permitir aguantar ben a crise, reforzar e consolidar o noso proxecto e cumprir coas expectativas previstas", manifestou o presidente de A.M.A., o Dr Luis Campos, no seu discurso de balance do exercicio.
Os ingresos por primas devengadas do seguro directo acadaron os 177.353.000 euros, unha cifra que representa unha lixeira caída do 0,6% fronte ao descenso do 8,2% que sufríu o sector.
As medidas adoptadas e as novas políticas implantadas permitiron amortecer os efectos da crise sanitaria e económica cuns resultados satisfactorios; así, o número de produtos que compoñían a carteira de A.M.A. acadaron a cifra de 1.052.343.
Segundo os criterios de Solvencia II, a mutua dos profesionais sanitarios continúa á cabeza dos grupos aseguradores, finalizando 2020 cun cociente de solvencia do 196%, cun excedente de fondos propios libres de 114 millóns de euros.
As contas anuais, auditadas por E&Y, foron aprobadas hoxe por un 97,8% dos votos emitidos polos mutualistas.
Na Asemblea tamén se puxo en valor o espectacular crecemento en asegurados e en primas de AMA Vida, entidade presidida polo Dr. Diego Murillo, superando a cifra de negocio prevista inicialmente. Ao peche do 2020 contaba con 190.262 asegurados a través das pólizas individuais e as 90 colectivas asinadas con colexios profesionais sanitarios.
Malia as dificultades orixinadas pola pandemia, AMA América cumpriu xa 6 anos en Ecuador, medrando en 2020 en canto a beneficios ata os 77.781 euros, con máis de 70 sociedades profesionais aseguradas e máis de 100 pólizas colectivas contratadas.
Como conclusión, estes resultados demostran que as políticas adoptadas durante o pasado exercicio, xunto coa mellora das cifras de AMA América e a consolidación no sector de AMA Vida contribuíron a facer da Mutua dos profesionais sanitarios unha entidade sólida, solvente e exemplar.
Por último, aproveitando o marco conxuntural desta crise, o Dr. Luis Campos anunciou a posta en marcha dun Plan de Sistemas que ten como obxectivo principal construír un procedemento flexible aos cambios tecnolóxicos e de longo percorrido, que se traducirá nunha innovación nos procesos de produción e mellorará os produtos e servizos ofrecidos aos mutualistas.
Relacionadas:
-
A.M.A. lanza o mellor produto de renting de autos para os profesionais sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. recibe o Premio "A tu Salud" polo seu apoio incondicional aos profesionais sanitarios durante a pandemia
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A aumenta o seu beneficio un 28% ata superar os 12 millóns de euros
Por Noticia patrocinada |
-
A Fundación A.M.A. convoca a XIX edición dos seus Premios Científicos
Por Noticia patrocinada |
-
O Dr. Mariano Casado recibe o Premio Nacional de Dereito Sanitario patrocinado pola Fundación A.M.A.
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. crea unha área de prevención legal para asesorar e axudar a previr os riscos e mellorar os servizos sanitarios
Por Noticia patrocinada |