O Dr. Mariano Casado recibe o Premio Nacional de Dereito Sanitario patrocinado pola Fundación A.M.A.
A sede da Fundación A.M.A. en Madrid acolleu este xoves o acto de entrega do VII Premio Nacional de Dereito Sanitario que recaeu no doutor Mariano Casado Blanco polo seu traballo "La figura del menor en Derecho Sanitario", onde se aborda integramente a posición do menor desde unha perspectiva legal, social, médica, cultural e ética, converténdose nunha guía xurídica de moito interese para os sectores sanitario e xurídico.
O premio, convocado pola Asociación Española de Dereito Sanitario, conta co patrocinio da Fundación A.M.A. presidida por Diego Murillo, e a Fundación De Lorenzo; nesta edición o galardón está dotado con 24.000 euros, ao acumularse o premio declarado deserto na sexta convocatoria.
Ao acto, que se celebrou con todos os "protocolos covid", asistiron o Dr. Diego Murillo; o presidente da Asociación de Dereito Sanitario, Ricardo de Lorenzo; ademais do Dr. Luis Campos, presidente de A.M.A., tamén asistiron patróns da Fundación A.M.A., conselleiros e directivos da Mutua, entre outras personalidades do ámbito xurídico e sanitario.
O Dr. Diego Murillo sinalou o apoio de A.M.A. a este Premio no que se recoñece a calidade duns traballos "cuyos valores son la búsqueda de la verdad, el rigor, y la credibilidad que deben llevar a que los profesionales sanitarios trabajen seguros, a que los usuarios alcancen un alto grado de satisfacción en los cuidados de su salud y que los juristas encuentren soluciones simples, justas y asequibles".
En opinión do presidente da Fundación A.M.A., "vivimos en un entorno cambiante" que conleva transformacións estruturais na nosa sociedade, "que dan lugar a nuevos problemas que requieren de una solución jurídica eficaz, también desde el Derecho Sanitario".
Pola súa banda, Ricardo de Lorenzo destacou que "la Asociación Española de Derecho Sanitario apuesta por la investigación en el ámbito jurídico para contribuir a impulsar el progreso del Derecho Sanitario". "La concurrencia de más de una docena de excelentes trabajos -engadiu- con análisis y con propuestas de extraordinario interés ha vuelto a colmar nuestras expectativas en esta séptima convocatoria del Premio".
Mariano Casado Blanco é médico especialista en Medicina Legal e Forense de brillante traxectoria, que ocupou distintos cargos no sector sanitario; foi xefe do Servizo de Laboratorio Forense do Instituto de Medicina Legal de Badaxoz e profesor da área de Medicina Legal e Forense da Facultade de Medicina de Badaxoz, así como presidente da Comisión Deontolóxica do Colexio de Médicos de Badaxoz.
O xurado, integrado nesta edición por Diego Murillo, Ana Pastor, Juan Abarca, Domingo Bello, María Castellano, Antonio Del Moral e César Tolosa, destacou a elevada calidade dos traballos que se presentaron á convocatoria.
Relacionadas:
-
A.M.A aumenta o seu beneficio un 28% ata superar os 12 millóns de euros
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. crea unha área de prevención legal para asesorar e axudar a previr os riscos e mellorar os servizos sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
A Fundación AMA aproba o seu Plan de Actuación 2021, renovando o seu compromiso solidario e formativo
Por Noticia patrocinada |
-
O Dr. Diego Murillo, presidente de Honor de A.M.A., galardoado co premio á Mellor Traxectoria Profesional Sanitaria
Por Noticia patrocinada |