Estudan o valor das secuoias para combater o cambio climático nos montes galegos
Por Redacción
O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán traballa na revitalización de varios dos seus bancos xenéticos forestais, co fin de avanzar na prevención e loita fronte a pragas e enfermidades e anticiparse ás novas condicións provocadas polo cambio climático.
Así, considérase que Galicia e o seu sector forestal deben estar preparados e ter capacidade de obter materiais mellorados doutras coníferas de interese forestal, como a sequoia vermella, o piñeiro de Oregón ou a sequoia xigante, como posibles especies alternativas que poidan axudar a superar problemas sanitarios e xestionar o cambio climático nos montes galegos.
Neste contexto, os investigadores do CIF están a realizar labores silvícolas para poñer en valor estes bancos de clons, co fin de efectuar a súa propagación vexetativa mediante estaquillado.
O obxectivo é obter copias do material destes bancos para completalos e crear novas réplicas noutros terreos públicos, conseguindo deste xeito o seu rexuvenecemento e conservación.
Estes recursos do CIF de Lourizán son únicos en España e representan un valor engadido en materia de mellora xenética. Trátase de coleccións que se instalaron entre os anos 1989 e 2002, debido ao interese por probar diferentes materiais xenéticos.
Relacionadas:
-
Persoal do CIF de Lourizán analiza o impacto do incendio rexistrado na localidade abulense de Navalacruz
Por Redacción |
-
Atopan no Gafos unha herba descrita e debuxada polo Pai Sarmiento en 1755
Por Redacción |
-
Doan 500 exemplares de grilos o Centro de investigación forestal de Lourizán
Por Redacción |
-
O Centro de investigación forestal de Lourizán traballa en 117 parcelas repartidas por toda Galicia
Por Redacción |
-
Forestales, clave para a futura lei galega de prevención e defensa contra os incendios
Por Redacción |