Os 101 anos de Ramona Espiño en Cuntis
Por Redacción
Unha nova centenaria está de parabén en Cuntis. Ramona Espiño Fuentes cumpriu 101 anos e púidoo celebrar en compañía dos seus familiares.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e as concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro, acudiron ao domicilio de Ramona, no lugar de Portodegómez, para felicitar á homenaxeada, á que agasallaron cun ramo de flores.
Ramona atópase moi ben de saúde e aínda conserva unha memoria envexable. Durante a visita, apuntan desde o Concello, mostrouse moi emotiva.
Antes de irse os seus invitados, desexoulles a todos que, como fixo ela, tamén cheguen aos 100 anos.