Cribado entre alumnado e profesorado do CPR A Inmaculada de Marín tras detectarse un brote con 13 positivos
Por Redacción
A covid-19 está descontrolada en Marín. Este martes o Servizo Galego de Saúde confirma 62 casos activos no municipio, 6 máis dos contabilizados o luns, e tamén a existencia dun brote no colexio CPR A Inmaculada, no que hai 13 positivos e unha aula permanece pechada.
Ante este avance da pandemia, xa estaba anunciada a realización dun cribado para a poboación diana de entre 50 e 64 anos e agora acaba de darse a coñecer que tamén haberá un no propio colexio.
Segundo anunciou o Concello de Marín, o cribado realizarase ao alumnado de todos os niveis educativos e tamén ao profesorado e o persoal non docente, co fin de detectar posibles pacientes asintomáticos.
O Sergas comezará este mares as citacións vía SMS para a poboación diana de entre 50 e 64 anos para o cribado con PCR, que se realizará o mércores, o xoves e o venres en horario de mañá e de tarde no pavillón da Raña.
Este cribado está dirixido a unha poboación de 4.700 persoas, segundo as cifras facilitadas polo Concello, pois é a franxa de idade que na que máis incidencia de casos positivos hai neste momento.
As persoas convocadas recibirán a súa cita vía SMS. Indicaranlle o día e a hora á que teñen que acudir ao pavillón deportivo para realizar a PCR.
O obxectivo deste cribado é o de conter o máximo posible a suba de contaxios que se está a producir nos últimos días, que xa levaron a activar en Marín o nivel medio de restricións. Ademais, o Concello lembra que está activo o cribado masivo con tests de saliva nas farmacias dirixido á rapazada de entre 12 e 17 anos.
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Marín, en corentena familiar polo positivo dun dos seus fillos
Por Redacción |
-
O Grove continúa con máximas restricións e Marín, Meaño, Ribadumia e Vilanova pasan a nivel alto
Por Redacción |
-
Falece unha muller por covid en Montecelo, tras 13 días sen vítimas mortais pola pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
O Sergas realizará un cribado entre os marinenses de 50 a 64 anos
Por Redacción |