O deán José Fernández Lago será o encargado de realizar o pregón dunha Semana Santa sen actos na rúa
Por Redacción
As procesións suspendéronse este ano e todos os actos habituais da Semana Santa na rúa tamén pero a xunta coordinadora de Pontevedra anuncia que se manterán aquelas actividades previas que se desenvolven no interior dos templos das parroquias pontevedresas.
Desta forma, o 20 de marzo comezarán estes actos litúrxicos coa celebración da misa da xunta coordinadora. Será a partir das 20.00 horas na Basílica de Santa María a Maior en memoria das persoas falecidas que formaban parte tanto da xunta como das confrarías.
O martes 23 de marzo, tamén ás 20.00 horas, na igrexa de San José, o deán da Catedral de Santiago de Compostela José Fernández Lago pronunciará o pregón desta semana Santa 2021.
Estas dúas actividades desenvolveranse atendendo aos protocolos sanitarios e de capacidade máxima dentro dos templos, segundo indican desde a xunta coordinadora. Será o segundo ano que, debido á pandemia, Pontevedra non contará coas tradicionais procesións nas rúas.
Relacionadas:
-
Haberá actos relixiosos en Pontevedra esta Semana Santa, pero estarán marcados pola pandemia
Por Redacción |
-
Só houbo misas para celebrar San Bieito de inverno
Por Cristina Saiz |
-
Galicia estará pechada na ponte de San Xosé e en Semana Santa
Por Alejandro Espiño |
-
O Arcebispado suspende todas as procesións e actos confrades da Semana Santa
Por Alejandro Espiño |