Márketing e dixitalización protagonizan os novos cursos do Plan Reinicia
Por Redacción
O Plan Reinicia Turismo, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa plataforma #PonteLovers e a consultora especializada Albur Atlántico, acaba de iniciar unha nova formación centrada en Márketing e Dixitalización cun relatorio sobre a imaxe de marca e a fotografía empresarial, sesións sobre e-commerce, automatización de procesos e venda a través das redes sociais.
Esta actividade formativa ten o obxectivo de facer chegar aos diferentes participantes un xeito máis especializado de traballar sobre a comunicación gráfica das empresas como estratexia de márketing efectiva e diferenciadora.
Tal e como explicou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, "unha vez rematada a área de Psicoloxía Empresarial impartida polo doutor Iago López Roel, comeza este novo bloque temático, que foi solicitado expresamente polos participantes como unha das súas necesidades inminentes". Deste xeito, dáse resposta a unha demanda de formación á vez que se axuda "aos responsables das empresas do ámbito turístico a reinventarse", indicou a edil socialista.
A mentoría está a cargo do pontevedrés Vicente Fernández Pedras, experto en comunicación gráfica con máis de 15 anos de experiencia. Pedras foi o vencedor da I edición do concurso nacional de Enodesign Experience e ten unha longa traxectoria e recoñecemento en eidos profesionais ligados ao enoturismo, o sector hoteleiro, o interiorismo e a arquitectura.
Yoya Blanco lembra que a finalidade do Plan Reinicia Turismo é "lograr transmitir tódolos factores que marcan a diferencia entre as empresas locais e os grandes competidores, neste impás de posta en valor do comercio e o desenvolvemento local como estratexia de crecemento na época Covid".
Relacionadas:
-
Promoción Económica organiza tres cursos para fomentar a inserción laboral en Pontevedra
Por Redacción |
-
Promoción Económica e #PonteLovers sortean vales da campaña 'In Love co Comercio Local'
Por Redacción |
-
Vinte e oito empresas turísticas inician a segunda fase do Plan Reinicia Turismo
Por Redacción |
-
Promoción Económica retoma o seu plan para mellorar a competitividade das pemes turísticas
Por Redacción |
-
A segunda fase do Plan Reinicia Turismo de #Pontelovers convoca a un grupo de expertos para rescatar ás pemes turísticas
Por Redacción |
-
O proxecto Pontelovers inicia a súa segunda fase con mentorías para mellorar a competitividade das pemes turísticas
Por Redacción |
-
Un proxecto para mellorar a competitividade das pemes turísticas da man de #PonteLovers
Por Redacción |