Vinte e oito empresas turísticas inician a segunda fase do Plan Reinicia Turismo
Por Redacción
Cunha sesión de psicoloxía empresarial, impartida por Iago López Roel, comezou este xoves a segunda fase do Plan Reinicia Turismo, no que participan 28 empresas da cidade e que busca mellorar a competitividade do sector turístico municipal neste contexto de pandemia.
Trece de estas compañías non participaran na primeira fase deste programa, segundo destacou a edil de Promoción económica, Yoya Blanco.
Na súa intervención, Iago López Roel abordou con estes emprendedores algunhas das ferramentas que poden empregar para mellorar a súa xestión e a súa confianza.
A seguinte sesión estará dedicada á xestión do estrés a organización do tempo.
Entre as empresas que toman parte neste proxecto hai axencias de viaxes, turoperadores, aloxamentos turísticos, restaurantes, bares, cafeterías, centros de visitantes e información e empresas dedicadas a actividades turísticas complementarias.
Este Plan Reinicia Turismo, que xestiona a consultora Albur Atlántico, busca fomentar a conciliación e facilitar que os participantes poidan acceder ás sesións igualmente no caso de non poder asistir en vivo no horario establecido a través dunha plataforma dixital.
Estas sesións responden ás necesidades expresadas polos participantes. Ademais da psicoloxía empresarial, o marketing dixital, a imaxe de marca, a fotografía empresarial ou o dereito para a empresa serán outras das temáticas que se aborden no marco desta iniciativa.
Relacionadas:
-
Axencias de viaxes estatais visitarán á cidade en xullo para fomentar a promoción turística de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Márketing e dixitalización protagonizan os novos cursos do Plan Reinicia
Por Redacción |
-
Promoción Económica retoma o seu plan para mellorar a competitividade das pemes turísticas
Por Redacción |
-
A segunda fase do Plan Reinicia Turismo de #Pontelovers convoca a un grupo de expertos para rescatar ás pemes turísticas
Por Redacción |