O proxecto Pontelovers inicia a súa segunda fase con mentorías para mellorar a competitividade das pemes turísticas

Por Redacción
O proxecto de apoio e mellora da competitividade das pemes turísticas impulsado pola plataforma Reinicia Pontevedra #PonteLovers, en colaboración coa firma especializada Innovaris Galicia, entrará en setembro na súa segunda fase coa posta en marcha de mentorías destinadas á análise e deseño de estratexias empresariais concretas.
As sesións, centradas en optimizar os esforzos ante a situación derivada do coronavirus, beneficiarán a unha trintena de empresas vinculadas ao turismo, das que un 84% pertencen aos ámbitos do aloxamento (32%), as axencias de viaxes e os operadores turísticos (24%) e a restauración (28%).
Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, a primeira fase posta en marcha en xullo puxo o foco en "acompañar e fomentar o sostemento da actividade económica".
A edil asegura que se detectou un maior interese por parte das pemes participantes na xestión de vendas e márketing e a planificación estratéxica e de riscos. A aplicación de sistemas de control de calidade, o control de contas e finanzas e o seguimento dos recursos humanos son outras das cuestións máis valoradas á hora de recibir asesoramento.
Tras unha avaliación seleccionáronse unha serie de ferramentas e solucións para as empresas rexistradas no plan municipal e puxéronse á súa disposición a través dunha plataforma dixital.
Agora, na segunda fase ofreceranse 10 sesións de mentoría nos próximos meses. "Queremos que teñan unha visión xeral dos seus puntos fortes e febles e establecer unha orde de prioridades para o uso dos contidos da web", asegura Blanco.
Relacionadas:
-
Márketing e dixitalización protagonizan os novos cursos do Plan Reinicia
Por Redacción |
-
Promoción Económica retoma o seu plan para mellorar a competitividade das pemes turísticas
Por Redacción |
-
Ponte a Punto volta con conferenciantes da talla de Anne Igartiburu ou Teresa Viejo
Por Redacción |
-
Un código QR na entrada dos locais servirá para controlar os accesos na hostalería pontevedresa
Por Redacción |
-
Talleres gratuítos para autónomos, emprendedores e pemes coa plataforma #Pontelovers
Por Redacción |