Farán un cribado con test rápidos de antíxenos en Moraña para detectar asintómaticos
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés chega a Moraña con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de covid 19 nesta localidade.
Este cribado voluntario terá lugar no centro de saúde de Moraña durante as tardes, desde este mércores 3 de febreiro ata o vindeiro venres 5 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas.
Á dita iniciativa preventiva a administración sanitaria pública galega vai convocar, vía SMS telefónico, á poboación morañesa dentre 40 a 79 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 1.900 persoas.
Para levar a cabo este cribado, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no centro de saúde de Moraña con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.
Este tipo de probas que se efectuarán desde este mércores ata o vindeiro venres en Moraña serven para aumentar a cifra de casos asintomáticos detectados.
Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.
Relacionadas:
-
Todos os traballadores e usuarios das residencias da área sanitaria recibieron a segunda dose da vacina
Por Redacción |
-
Piden a asistencia masiva dos 1.900 residentes en Moraña citados para un cribado
Por Redacción |
-
Catro municipios da área sanitaria superan os 1.000 casos de incidencia acumulada
Por Alejandro Espiño |
-
Moraña pon en marcha un protocolo especial para cumprir co nivel máximo de restricións
Por Redacción |