Ponte Caldelas pecha a súa tempada de verán cunha maior afluencia de visitantes
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas dá por concluída a tempada estival co peche da Oficina de Turismo, situada xunto á Casa de Cultura, que atendeu durante todo o verán a máis de catrocentos turistas e visitantes que se achegaron ata o municipio en busca de repouso, tranquilidade e contacto coa natureza.
Os datos recollidos no Oficina de Turismo destaca o aumento de turistas estranxeiro, que o 50% dos visitantes a este municipio viaxa en familia, mentres que o 30% o fai en parella e o 20% restante en grupo de amigos.
Como elemento sorprendente que destacaron os usuarios da Oficina de Turismo foi a vistosidade da Festa da Batalla e mostráronse interesados en regresar a unha nova edición mesmo como participantes activos nesta.
Entre as preguntas máis demandadas, que foron atendidas na Oficina de Turismo, a maioría estaban orientadas á petición de información acerca das distintas rutas de sendeirismo, os eventos gastronómicos e os recursos turísticos do municipio relacionados co ámbito natural do río Verdugo.
O que máis lles sorprendeu é a tranquilidade, a limpeza e coidado das zonas verdes
Preguntados acerca de que elementos destacarían da súa visita a Ponte Caldelas, os enquisados consideran que o que máis lles sorprendeu é a tranquilidade, a limpeza e coidado das zonas verdes, a beleza das paraxes do río Verdugo e as calidade e transparencia das súas augas.
Tamén destacan a boa accesibilidade de que dispón a vila para aqueles visitantes con problemas de mobilidade e o bo estado no que se encontra o mobiliario urbano, así como a limpeza das súas rúas.
A media de estanza en Ponte Caldelas dos entrevistados está entre 5 e 7 días e adoitan aloxarse en hoteis de turismo rural do municipio ou zonas próximas.
Relacionadas:
-
Satisfacción en Ponte Caldelas polo grande aumento de participación cidadá na Festa da Batalla
Por Redacción |
-
200 veciños de Ponte Caldelas recrean a batalla contra o exército de Napoleón
Por Redacción |
-
As analíticas cualifican de "excelente" a auga da praia fluvial de Ponte Caldelas
Por Redacción |