200 veciños de Ponte Caldelas recrean a batalla contra o exército de Napoleón
Por Redacción
A animación de rúa e a Feira Goyesca do Camiño dous Arrieiros marcaron o inicio da actividade festiva que este domingo 18 conta coas principais citas dentro da recreación da Festa da Batalla de ponte Caldelas.
Nesta edición, a organización quere sorprender os visitantes cun guión novo sobre a batalla contra os franceses que comezará a partir das 13 horas na Rúa da Ponte. Espérase, segundo comunica o concello de Ponte Caldelas, que participen máis de 200 veciños nesta recreación. Mentres, continuará na Alameda a celebración da Feira Goyesca do Camiño dous Arrieros na que se dan cita un bo número de artesáns e onde a animación de rúa converte este recinto arborado en zona de diversión e entretemento para todas as idades. Ademais, seguen abertos os postos de degustación de produtos típicos, dentro das xornadas gastronómicas.
Durante a tarde, o programa de actividades comezará ás 14 horas cun espectáculo de malabar e risas El circense canyon na Alameda de ponte Caldelas, que servirá de aperitivo para as Xornadas Gastronómicas que se desenvolverán na Alameda e os Xantares Populares nas ribeiras do río Verdugo, xunto á pasarela de madeira.
Ás 18 horas, o pasacalles Bandoleiros servirá de reapertura dos postos da Feira Goyesca do Camiño dous Arrieiros, na Alameda, para ás 19 horas seguir coa animación de rúa con Teatro Itin-errantes e o espectáculo cómico O canso camiñante.
Ás 20 horas desenvolverase a exhibición de doma a cargo do Club Hípica Amazonas, da Insua, no terreo xunto ao paseo do río en dirección á área recreativa e a praia fluvial da Calzada.
Ás 20:30 volven actuar na Alameda de Ponte Caldelas Teatro Itin-errante e ás 21:30 celebrarase o espectáculo de lume Grande encerro final, que poñerán punto e final ao programa festivo da Festa da Batalla de Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas pecha a súa tempada de verán cunha maior afluencia de visitantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Ponte Caldelas polo grande aumento de participación cidadá na Festa da Batalla
Por Redacción |
-
A Festa da Batalla de Ponte Caldelas batirá récords de participación na edición deste ano
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas amplía a Festa da Batalla a unha fin de semana completa
Por Redacción |