O PP comparte co Colexio de Arquitectos a necesidade de elaborar un novo Plan Xeral
Por Redacción
Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Pablo Fernández, reuníronse este luns con representantes do Colexio de Arquitectos para abordar, entre outros temas, "a necesidade que ten a localidade de contar cun novo e actualizado Plan Xeral de Ordenación Urbana", segundo a información trasladada polo PP deste encontro.
Nun comunicado de prensa Rafa Domínguez trasladou que "traballar nunha novo PXOM debe ser unha prioridade para este Concello. Unha formulación urbanística actualizada é vital para o desenvolvemento de Pontevedra, pero Lores parece non estar interesado no crecemento da nosa urbe", declarou.
Para o portavoz do PP local "temos un documento que está caducado. É unha afirmación compartida cos profesionais do sector. Pontevedra non se merece un PXOM de hai 31 anos, que contempla as necesidades da cidade naquel entón e que nada teñen que ver coas que temos hoxe", mantivo o presidente dos populares na reunión.
A formulación urbanística da cidade, para Domínguez, debe adaptarse e ofrecer novas solucións aos problemas que se lle presentana día de hoxe aos veciños.
"O Concello debe contribuír con esta actualización para resolver as necesidades urbanísticas da cidade, como, por exemplo, habilitar zonas de crecimientoy controlar a ampliación da urbe, ou regulala construción de edificios. Outro punto que nos parece fundamental é que a través deste documento póidase crear solo industrial, básico para fomentar de emprego; ou medidas para fixar poboación nas nosas parroquias", detallou o popular.
Outro dos apartados que se trataron na reunión é que a través é que o PXOM se contempla a creación e función dos viais da cidade. Segundo Domínguez, "é errático a formulación que leva a cabo o Concello de pechar parcial e completamente viarios na cidade, sen estudos que avalen que o corte é necesario, lóxico e cunha base técnica".
"O Concello, e é unha demanda compartida co Colexio de Arquitectos, debe sacar do caixón a tramitación do PXOM", aclarou Domínguez, que avanzou que este é un dos primeiros encontros para profundar nos detalles e as posturas de todos os afectados por "ter un Plan Xeral caducado".