Rafa Domínguez (PP) comprométese a aprobar un novo PXOM no seu primeiro mandato
Por Oskar Viéitez
O candidato do Partido Popular á Alcaldía, Rafa Domínguez, empregou esta quinta xornada de campaña electoral para anunciar o seu compromiso de dotar a Pontevedra cunha novo PXOM antes de acabar o mandato.
Domínguez destacou que o actual Plan Xeral atrasou 20 anos a aprobación do parque empresarial do Vao e provocou que se suspendese sen data as obras de reforma do barrio de Mollabao. "Son dos claros ejemplos que ponen de manifiesto la urgencia de elaborar un nuevo PXOM adaptado al siglo XXI", sinalou.
Un novo plan permitirá asentar as bases para poder "construír un parque empresarial", para establecer unha localización na que as empresas que o desexen poidan instalarse en Pontevedra.
O actual PXOM aprobouse en 1989, naquel momento só tivo un voto en contra, "el de Lores". "Resulta paradójico que a pesar de haberse mostrado contrario a aquel Plan Xeral, en 20 años, el BNG de Lores no haya logrado sacar un nuevo documento adelante", destacou Domínguez. "20 años son muchos años, y aun así Lores no ha hecho nada por resolver esta cuestión. Pontevedra continúa mirando 30 años hacia atrás", agregou.
O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra realizou estas declaracións durante un paseo pola Avenida de Vigo e a rúa Eduardo Pondal, no que se atopou con numerosos veciños aos que puido explicar as súas propostas para "Unha Pontevedra Capital".
Relacionadas:
-
Os populares abordan co Colexio de Enxeñeiros Industriais a urxencia dun novo PXOM
Por Redacción |
-
O PP comparte co Colexio de Arquitectos a necesidade de elaborar un novo Plan Xeral
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez arríscase na súa protesta contra o exceso de lombos
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reivindica o antigo edificio de Facenda como futura casa de cultura
Por Redacción |
-
O PP promete conceder as axudas aos clubs deportivos "en tempo e forma"
Por Redacción |
-
O PP considera que o Gran Montecelo e a residencia de maiores serán unha "revolución" para Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP explica as súas propostas para impulsar e revitalizar o comercio local
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez (PP): "Quiero que los jóvenes podáis encontrar trabajo en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |