O grupo socialista de Cerdedo-Cotobade solicita a creación dun centro de día en Carballedo
Por Redacción
Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG no concello de Cerdedo-Cotobade, Lina Garrido, Jose Antonio Pazos e Regina Sobral, presentaron unha moción para que sexa debatida no vindeiro Pleno da Corporación e na que solicitan que se dote dun centro de día á Residencia da Terceira Idade proxectada na zona da Chan, en Carballedo.
Os concelleiros da oposición lembran que Cerdedo-Cotobade "conta cunha poboación altamente envellecida", disposta a utilizar os servizos dun centro para maiores pero reticente a pernoitar nel, como sería o caso da futura residencia.
Neste sentido, apuntan no texto da moción a que: "un centro de día diferénciase polo seu carácter de diurno e por unha maior adaptabilidade ao horario; cabe a posibilidade de elexir estancia de mañá, de tarde, un horario máis adaptado aos residentes e as súas familias. Non se perde o contacto coas familias. Isto supón unha melloría na autonomía dos anciáns e unha tranquilidade para as familias".
Todas estas condicións permitirían favorecer un envellecemento activo e unha axuda para as familias que contan con persoas dependentes, xa que así poderían dispor das horas que a persoa maior estea participando nas actividades do centro de día e aliviar dalgún xeito o peso das longas xornadas de coidados.
Por estes motivos, solicitan os socialistas que o Concello de Cerdedo-Cotobade, unha vez estudadas as vantaxes e inconvintes "valore a posibilidade de que a nova residencia de anciáns proxectada na Chan en Carballedo incorpore un centro de día, que ofreza este servizo. Un centro de día que sexa cercano e sobre todo accesible á cidadanía".
Relacionadas:
-
Os regulamentos para a residencia de maiores e o centro de día de Carballedo saen adiante coa maioría do PP
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pide informes financeiros para a residencia de maiores de Carballedo
Por Redacción |
-
Cubela lembra aos socialistas que o proxecto de residencia de Carballedo inclúe un centro de día
Por Redacción |
-
Comeza a expropiación de parcelas para a construción da Residencia de Carballedo
Por Redacción |
-
O Concello aproba o Plan Especial da Residencia de Carballedo
Por Redacción |
-
Paso adiante para a construción da Residencia da Terceira Idade en Carballedo
Por Redacción |
-
Reservan 110.000 euros para comprar os terreos e deseñar a residencia de Carballedo
Por Redacción |