Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar as obras de construción da senda peonil de acceso a equipamentos públicos de Tenorio.
Un total de quince empresas formalizaron as súas ofertas para esta obra que saíu a concurso por importe total de 54.200 euros e que foi adxudicada por 39.320 euros, é dicir, que se logrou un aforro con respecto ao prezo de licitación dun 27,5%.
A adxudicataria contempla un prazo de execución de mes e medio, aínda que os traballos serán divididos en dous procedementos temporais para evitar o máximo posible as molestias aos veciños e usuarios da zona e interferir o menos posible no tráfico rodado.
Así, agora no inverno, a empresa adxudicataria acometerá a canalización de augas pluviais, uns traballos que non precisan interrumpir o tráfico, deixando a construción efectiva da senda peonil para os meses estivais onde o tempo permita tamén un mellor acabado e eficacia nos traballos a realizar.
O alcalde Jorge Cubela salientou que "nesta ocasión trátase da execución do pavimentado dun ensanche existente no acceso aos equipamentos públicos de Tenorio a través dunha senda peonil lateral en formigón tintada en color na que se aproveitará a obra para deixar instalados os desaugues de evacuacións de pluviais así como o soterramento das liñas eléctricas así como o desvío aéreo do tendido telefónico".
O alcalde xustificou a obra na "necesidade de conseguir un acceso seguro para os peóns, alumnos e pais así como veciños, aos distintos equipamentos públicos existentes no entorno de Tenorio, entre eles a escola infantil, o pavillón de deportes, o colexio, o instituto de ensino medio ou as pistas polideportivas.
A gran cantidade de rapaces e veciños en xeral presentes na zona a todas as horas, especialmente cando comeza e rematan as clases, facía necesario eliminar os perigos de seguridade vial existentes, "unha das peticións feitas polos veciños e a comunidade educativa que agora imos a darlle unha solución definitiva", Jorge Cubela.
Relacionadas:
-
Finalizan as obras da senda peonil de Tenorio entre o colexio e as pistas polideportivas
Por Redacción |
-
A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Instalan unha lona no patio cuberto do colexio de Tenorio para protexer a rapazada da chuvia
Por Redacción |
-
Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Proxectan a creación dunha senda peonil en Tenorio cun investimento de 54.000 euros
Por Redacción |