Instalan unha lona no patio cuberto do colexio de Tenorio para protexer a rapazada da chuvia
Por Redacción
As actuacións de mellora no colexio de Tenorio completáronse coa colocación dunha lona lateral exterior no patio cuberto, que pretende protexer o alumnado do centro das inclemencias climatolóxicas. Tivo un custe de 15.500 euros.
Esta lona contribuirá a evitar a entrada de auga de choiva pola acción do forte vento e tamén a diminuír o frío en época invernal cando o alumnado teña que facer uso deste patio exterior.
A instalación desta lona completou unha serie de obras de acondicionamento que supuxeron un investimento de máis de 629.000 euros.
Antes de comezar o curso escolar construíuse un muro de consolidación do terreo na parte exterior do recinto educativo. Ademais, substituíuse todo o sistema de calefacción.
Todas estas actuacións foron revisadas polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a directora do CEIP de Tenorio, Beatriz Sueiro, que destacaron a resolución das eivas estruturais que tiña o centro nesta materia.
Actualmente o colexio de Tenorio conta con 140 nenos e nenas matriculados.
Relacionadas:
-
Denuncian "graves danos" no colexio de Tenorio durante botellóns ilegais
Por Redacción |
-
Ultiman a posta a punto dos colexios de Cerdedo-Cotobade ante a 'volta ao cole'
Por Redacción |
-
Finalizan as obras as obras na escola infantil de Tenorio ás portas do novo curso
Por Redacción |
-
Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción |
-
Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción |
-
Clubs, ANPA e Concello acordan a remodelación integral da pista deportiva exterior de Tenorio
Por Redacción |