Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, desprazouse na compaña de técnicos ata as inmediacións do instituto de Tenorio co fin de estudiar alternativas para construir na explanada alí existente un aparcadoiro que permita liberar a plataforma viaria onde xiran os autobuses da presenza de vehículos e ordenar o seu estacionamento nesa zona.
Ademais, o alcalde aproveitou a presenza alí dos técnicos para levar a cabo medicións que permitan estudiar a continuidade, a través dunha segunda fase, da senda peonil que vai desde a N-541 bordeando o colexio e o pavillón de deportes, dando acceso ás pistas polideportivas, co fin de aumentala ata o instituto de Tenorio.
Jorge Cubela insistiu na necesidade de continuar desenvolvendo accións sostibles e coordinadas para ir humanizando e mellorando lugares do municipio frecuentados ou transitados pola veciñanza coa intención de gañar en seguridade viaria para os peóns e tamén facilitar un embelecemento do aspecto e a imaxe deses lugares.
Cubela remitiuse agora ás distintas alternativas que ofrezan os técnicos para seguir desenvolvento este proceso de humanización nesta zona de Tenorio especialmente caracterizada pola presenza de viandantes, escolares, persoas que se achegan para realizar diversas prácticas deportivas ou mesmo pasear.
Segundo o alcalde, "a nosa vocación é poñer en valor os espazos que temos desde un punto de vista do uso racional, sostible e funcional, sen esquecer o entronque harmónico co entorno e o respecto ao medio ambiente".
Relacionadas:
-
A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Autorizan a creación dun novo aparcadoiro público en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Instalan unha lona no patio cuberto do colexio de Tenorio para protexer a rapazada da chuvia
Por Redacción |
-
Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a humanización da travesía de Tenorio
Por Redacción |