O Pleno provincial aproba o Plan Concellos e o convenio de Mollavao
Por Oskar Viéitez
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este martes cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG o Plan Concellos para o ano 2021, un total de 42,5 millóns de euros en recursos directos aos 59 municipios da provincia beneficiarios dunha iniciativa que supón, en palabras do voceiro socialista Carlos López Font, "la mayor transferencia de recursos de la historia de la Deputación de Pontevedra".
"Hicimos un esfuerzo titánico es una respuesta absolutamente excepcional de cara a la transformación de la provincia", ha añadido.
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación e portavoz do BNG, César Mosquera, sinalou que "o Plan Concellos foi exemplar desde o seu nacemento e ségueo a ser. Non é que sexa bo, é sobresaínte e todo un modelo de cohesión territorial que prioriza aos máis pequenos".
Sen embargo, o voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamentou que a Deputación de Pontevedra "perdese a oportunidade" de aprobar o Plan Concellos coa unanimidade de todos os grupos, "ao rexeitar a man tendida do PP para aprobar o plan si aumentaban os 42 millóns de euros que reservan para os concellos de menos de 50 mil habitantes".
Os populares abstivéronse na votación e Cubela insistiu en que "a pesar de ofrecer un acordo de mínimos e sen liñas vermellas", o Goberno provincial "optou por non chegar a ningún acordo" porque "o consenso ofrecido polo PP podía estropear os titulares de mañá para o Goberno e porque conseguir máis cartos para os concellos podía restarlles protagonismo".
Tanto Mosquera como López Font lembraron ao PP que o vindeiro ano, unha vez se coñeza a contía dos fondos europeos e dos remanentes, haberá unha segunda fase que repercutirá con novos recursos nos concellos da provincia.
López Font destacou que "la mejor prueba de que es un plan extraordinario" é que o Ministerio de Facenda volve recoñecer á institución como a Deputación de todo o Estado que transfire máis recursos aos concellos, un 35,4%, e contrapuxo unha vez máis os datos obxectivos doutras deputacións.
Cubela respondeu que o que está ofrecendo o Goberno provincial é "conxelar o único plan de investimentos que esta Deputación ten para os pequenos e medianos concellos da provincia, mentres aumenta o orzamento provincial en 3,5 millóns de euros e hai amplos remanentes".
"No es cierto que destinemos a los concellos lo que la ley nos obliga. La ley dice que tenemos que aprobar un plan de obras y servicios pero no establece cuantías ni porcentajes", ha indicado Font.
CONVENIO DE MOLLAVAO
O pleno aprobou por unanimidade o convenio co concello de Pontevedra para o novo viario entre a Rúa Rosalía de Castro e a Avenida de Marín en Mollavao, que conta cun orzamento de licitación de 938.824 euros.
O vicepresidente César Mosquera subliñou que se trata dunha "obra transcendente, dunha importancia enorme, porque resolve moitos problemas". Incidiu en que con esta "actuación respectuosa co territorio" séntanse as bases que van permitir ao Concello de Pontevedra reurbanizar todo o barrio de Mollavao, na contorna da Casa do Mar, "unha zona bastante poboada que, agora mesmo, non ten os adecuados estándares de calidade".
Mosquera, que puxo este convenio como exemplo de como facer "grandes cousas sen grandes infraestruturas", comparouno coa construción da ponte de Monte Porreiro, que xa supuxo no seu día un gran avance para a cidade gracias á colaboración da Deputación.
Relacionadas:
-
A Deputación liquida o Plan Concellos do 2020 cunha última repartición de fondos
Por Redacción |
-
O PP condiciona o seu apoio ao Plan Concellos a que a Deputación aumente o investimento
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta o Plan Concellos 2021 dotado de 42,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |