A área sanitaria suma 45 novos positivos por Covid pero reduce ata os 871 os seus casos activos
Por Diego Espiño
A evolución da pandemia de coronavirus deixou este mércores 9 de decembro 45 novos positivos na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo reflicte a información achegada polo Servizo Galego de Saúde.
A pesar deses contaxios, a cifra de casos activos segue diminuíndo aos poucos ata situarse nos 871, o que supón 28 menos que o martes. Isto sucede polo elevado número de altas epidemiolóxicas dadas nas últimas horas, con 73 pacientes que superaron a infección para un total de 4.895 persoas desde o inicio da alerta sanitaria.
En canto á situación hospitalaria, 51 persoas permanecen ingresadas na área, das que 41 atópanse en planta repartidas entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (34), o Hospital do Salnés (4) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (3). Ademais 9 pacientes evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
Todo iso despois dunha xornada especialmente negativa en relación aos falecementos, debido á morte de tres persoas positivas por Covid nas últimas horas no Hospital de Montecelo, concretamente un home de 70 anos e dúas mulleres de 81 e 97, ambas as procedentes da residencia de maiores de Vilaboa, colocando en 65 os falecementos asociados ao virus.
Na última xornada realizáronse 795 probas PCR, que se engaden ás 97.341 con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico o total de pacientes con infección activa é de 5.927, o que supón un descenso de 69 casos. Deles 324 atópanse hospitalizados en planta (+2) e 51 evolucionan na Unidade de Coidados Críticos (+1).
Nas últimas horas en Galicia confirmáronse 329 contaxios a través de probas PCR e faleceron 8 persoas, o que sitúa en 1.281 o número mortes asociadas á pandemia.
Vigo segue sendo unha xornada máis a área sanitaria galega cun maior número de casos activos de Covid (1.499), seguida da Coruña (1.193), Pontevedra (871), Santiago (785), Lugo (606), Ferrol (596) e Ourense (377).
Relacionadas:
-
Unha muller de 89 anos, vítima 68 por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Os casos activos de Covid baixan a 856 tras unha xornada con 38 novos positivos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Tres falecementos no Complexo Hospitalario de Pontevedra elevan a 65 as mortes por covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Continúa a baixada paulatina de novos positivos e casos activos na maioría de municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
5 novos casos covid na residencia Soremay de Pontevedra, que alcanza os 61 positivos entre usuarios e persoal
Por Redacción |
-
A área sanitaria mantén 40 pacientes covid en planta e 9 na Unidade de Coidados Críticos
Por Redacción |
-
Falecen por covid-19 na área sanitaria un home procedente da Residencia Soremay e unha muller da Residencia de Vilaboa
Por Redacción |