Falecen por covid-19 na área sanitaria un home procedente da Residencia Soremay e unha muller da Residencia de Vilaboa
Por Redacción
Unha muller de 95 anos e un home de 90 falecían no Hospital Montecelo e no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra durante as últimas horas. Ela procedía da Residencia de Vilaboa e el da Residencia Soremay de Pontevedra.
Con estes dous últimos falecidos, a cifra de Pontevedra - O Salnés ascende a 62 vítimas mortais por covid-19, con cifras moi preocupantes durante o últimos dez días na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
A Consellería de Sanidade facilitaba unha cifra de 16 persoas que falecían nas últimas horas por coronavirus en Galicia.
Ás dúas vítimas mortais de Pontevedra súmanse un home de 86 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; un home de 89 anos no Complexo Hospitalario da Coruña; dúas mulleres de 89 e 90 anos na residencia de Vilalba; un home de 82 anos que procedente desta mesma residencia de Vilalba falecía no Hospital Universitario Lucus Augusti; unha muller de 92 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 86 anos que pería no Hospital Virxe dá Xunqueira de Cee.
A estes casos, o SERGAS notofica tamén este luns que na Residencia Doral de Mos faleceron sete persoas na segunda quincena de novembro. Notifícanse nesta xornada porque foi nesta xornada cando se validou que faleceron por covid-19. Estas sete novas vítimas teñen todas edadas por encima dos 90 anos de idade.
Con estas novas vítimas, Galicia sitúa o número de falecementos en 1.273 persoas.
Relacionadas:
-
Un home de 60 anos, novena vítima mortal da covid nos últimos cinco días en Pontevedra
Por Redacción |
-
Dúas mulleres, procedentes da residencia Soremay, falecen nas últimas horas en Pontevedra por covid-19
Por Redacción |
-
A área sanitaria suma 45 novos positivos por Covid pero reduce ata os 871 os seus casos activos
Por Diego Espiño |
-
Tres falecementos no Complexo Hospitalario de Pontevedra elevan a 65 as mortes por covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
5 novos casos covid na residencia Soremay de Pontevedra, que alcanza os 61 positivos entre usuarios e persoal
Por Redacción |
-
A área sanitaria mantén 40 pacientes covid en planta e 9 na Unidade de Coidados Críticos
Por Redacción |
-
Sanidade asegura que a evolución de Pontevedra "segue sendo boa" pero pide "moita prudencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Soben as hospitalizacións por Covid na área sanitaria a pesar de manterse o descenso de casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción |
-
A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |